Exercicios ou tarefas que fan os deportistas antes dunha competición ou dun adestramento para desentumecer os músculos e entrar en calor.
Exemplo:
O quecemento permite evitar lesións.
Sesión
Definición:
Espazo de tempo ocupado por unha actividade.
Exemplo:
Despois do comedor o grupo de 1º de ESO ten sesión de Educación Física no pavillón.
Que é?
Unha parte moi importante cando unha persoa realiza actividade física é o quecemento. Pero, que é?
Pódese definir como un conxunto de exercicios que se realizan ao inicio dunha sesión de actividade física para preparar o corpo para render mellor e evitar lesións na parte principal.
Seguro que todos vós tamén tedes feitos diferentes quecementos nas sesións de Educación Física.
Saberiades dicir como quentades nas sesións co voso mestre ou mestra? Se non coñecedes os diferentes tipos de quecementos, podedes formarvos facendo clic na lapela que tedes a continuación. Ollo! Se queredes ser uns bos adestradores e adestradoras teredes que saber o que é un quecemento e os diferentes tipos que hai. Iso permitiravos crear os vosos propios quecementos.
Lectura facilitada
Cando unha persoa realiza actividade física o quecemento é moi importante.
É o conxunto de exercicios que se realizan ao inicio dunha sesión de actividade física para preparar o corpo para render mellor e evitar lesións na parte principal.
Seguro que todos vós tedes feitos quecementos nas sesións de Educación Física.
Como quentades nas sesións co voso mestre ou mestra?
Podedes formarvos facendo clic na lapela que tedes a continuación.
Teredes que saber o que é un quecemento e os diferentes tipos que hai.
Iso permitiravos crear os vosos propios quecementos.
Audio
Tipos de quencemento
Xeral
Quecemento no que se empregan exercicios para preparar todo o corpo, independentemente do tipo de actividade que se vaia realizar posteriormente.
Serve para preparar todos os músculos e articulacións.
Específico
Quecemento no que se fan exercicios que imitan os movementos do deporte ou actividade que se vai practicar.
Axuda a preparar os músculos e articulacións que máis se van usar.
Audio
Que debe incluír un quecemento?
O quecemento debe incluír 4 partes principais:
- Activación xeral: exercicios suaves para aumentar a temperatura corporal (desprazamentos, correr, saltar...).
- Mobilidade articular: movementos para preparar as articulacións (xiros de nocellos, círculos cos brazos...).
- Movementos dinámicos: exercicios en movemento a maior velocidade para activar os músculos (elevacións de xeonllos, talóns a glúteos...).
- Estiramentos: exercicios que teñen como obxectivo aumentar a flexibilidade dos músculos.
Lectura facilitada
O quecemento debe incluír 4 partes principais:
- Activación xeral.
- Mobilidade articular.
- Movementos dinámicos.
- Estiramentos.
Audio
Organiza un quecemento
Cada grupo teredes que organizar un quecemento completo que inclúa exercicios das diferentes partes.
Eses quecementos deberedes poñelos en práctica ao inicio das seguintes sesións prácticas.
Cando o teñades listo, usade a lista de cotexo para comprobar que o voso quecemento inclúe todo o necesario.
Lectura facilitada
Cada grupo teredes que organizar un quecemento completo.
Debe incluír exercicios das diferentes partes.
Eses quecementos deberedes poñelos en práctica ao inicio das seguintes sesións prácticas.
Despois, usade a lista de cotexo para comprobar que o voso quecemento inclúe todo o necesario.
Audio
Lista de cotexo
Comprobade o voso quecemento
Ítem
Si
Non
É progresivo, indo de menos a máis.
Contén exercicios suaves, como diferentes tipos de desprazamentos.
Contén exercicios de mobilidade articular.
Hai unha fase de activación dinámica, na que se inclúen exercicios a maior velocidade.
Dedícase un tempo aos estiramentos.
Outros quencementos
Queredes saber máis? Que ben! Os vosos familiares van ter uns adestradores e adestradoras moi profesionais.
Os quecementos vistos ata agora son os máis rigorosos tecnicamente. É dicir, os máis empregados por atletas ou deportistas antes de levar a cabo a actividade física.
Pero hai outra forma de entrar en calor, que é con xogos de "pilla pilla". Estes empréganse sobre todo cando son rapaces e rapazas de curta idade os que van realizar unha actividade física. Seguro que cando iades ao voso colexio, o voso mestre ou mestra facíavos algún xogo de pilla para comezar a sesión.
Recordades algún? Poderedes preparar algún como complemento do voso quecemento.
Lectura facilitada
Os quecementos vistos ata agora son os máis rigorosos tecnicamente.
Os empregados por atletas ou deportistas antes de levar a cabo a actividade física.
Tamén se pode quentar con xogos de "pilla pilla".
Seguro que cando iades ao voso colexio, o voso mestre ou mestra facíavos algún xogo de pilla para comezar a sesión.