Glosario
Hábito saudable
-
Definición:
-
Todas aquelas condutas que se teñen asumidas como propias da vida cotiá e que inciden positivamente no benestar físico, mental e social.
-
Exemplo:
-
A miña mellor amiga ten como hábito saudable ir correr 3 días á semana.
Saúde
-
Definición:
-
Estado de completo benestar físico, mental e social, e non soamente a ausencia de afeccións ou enfermidades.
-
Exemplo:
-
Unha persoa debe buscar ter unha boa saúde e para iso debe ter no seu día a día hábitos saudables, como camiñar, comer de forma equilibrada, lavar os dentes, e moitos outros.
Adestrador/a persoal
-
Definición:
-
É unha persoa que se dedica a axudar ás demais a mellorar a súa forma física, a súa saúde e o seu benestar. Este/a profesional elabora plans de traballo con exercicios personalizados, adaptados ás súas necesidades e obxectivos, como aumentar a forza, mellorar a resistencia ou perder peso. Ademais, un adestrador ou adestradora persoal ensina a facer os exercicios correctamente para evitar lesións, e dá consellos sobre unha alimentación axeitada e hábitos de vida saudables.
-
Exemplo:
-
Estou por enriba do meu peso. Traballarei con unha adestradora persoal para que elabore un plan de traballo con exercicios que me axuden a perder peso e me aconselle sobre a mellor maneira de facer estes exercicios e como adoptar uns hábitos saudables.
Xornada de convivencia
-
Definición:
-
Unha xornada de convivencia é unha seria de actividades realizadas nun día, no que o alumnado participa en diversas actividades sobre unha ou varias temáticas nas que se fomenta a igualdade, a inclusión, a cooperación e as aprendizaxes nesas temáticas.
-
Exemplo:
-
Imos realizar no noso instituto unha xornada de convivencia sobre hábitos saudables coas nosas familias.
(1).png)