Saltar navegación

1.4. Tedes un plan

Paso a paso

Crearedes unha xornada de convivencia saudable para as vosas familias nas que vós seredes os seus adestradores e adestradoras persoais. O obxectivo é facilitarlles pautas para adquirir hábitos saudables.

Como? Os pasos a seguir son os seguintes:

Paso 1

Crearanse os grupos e poñeredes a proba os vosos coñecementos.

Paso 2

Recibiredes unha formación teórico-práctica como adestradores e adestradoras persoais en contidos como a cooperación, o quecemento, a condición física e a alimentación.

Paso 3

Descubriredes os que son os stands.

Paso 4

Organizaredes a vosa xornada de convivencia saudable para os vosos familiares.

Paso 5

Simularedes a vosa proposta, detectando erros e reaxustando o necesario.

Paso 6

Levaredes a cabo ExpoMoving.

Paso 7

Poñeredes en común o feito en cada stand e reflexionaredes sobre todo o acontecido co obxectivo de mellorar nun futuro.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)