Creando un stand
Unha cousa é organizar Expomoving e outra é organizar un dos 7 stands aos que poderán acudir as persoas que asistan a Expomoving.
Está claro que sabedes os diferentes tipos de stands que ides ter, pero sabedes como os ides organizar, ou o que ides facer en cada un deles?
O stand 1, de calidade, e o stand 7, de "Volta á calma e recarga enerxética" serán comúns a todos os grupos. Que quere dicir isto? Que a organización destes stand recae en todos os membros da clase.
A maiores, cada grupo deberá organizar un dos 5 stands restantes. Repartídeos e poñédevos mans á obra!
Tede en conta a información que ven a continuación, e intentade que os vosos stands representen os contidos teórico-prácticos que ides ensinar como adestradores e adestradoras persoais.
Lectura facilitada
Unha cousa é organizar Expomoving e outra é organizar un dos 7 stands aos que poderán acudir as persoas que asistan a Expomoving.
Está claro que sabedes os diferentes tipos de stands que ides ter, pero sabedes como os ides organizar?
E o que ides facer en cada un deles?
O stand 1, de calidade, e o stand 7, de "Volta á calma e recarga enerxética", serán comúns a todos os grupos.
Que quere dicir isto?
Que a organización destes stand recae en todos os membros da clase.
A maiores, cada grupo deberá organizar un dos 5 stands restantes.
Repartídeos e poñédevos mans á obra!
Intentade que os vosos stands representen os contidos teórico-prácticos que ides ensinar como adestradores e adestradoras persoais.

6