Saltar navegación

4.2. Simulación

 

Glosario

Accesibilidade

Pictograma de accesibilidade

Definición:

Condición que deben cumprir as contornas, produtos e servizos para que sexan comprensibles, utilizables e practicables por todos os cidadáns, incluídas as persoas con discapacidade

Exemplo:

Todos os espazos do instituto teñen pictogramas para facilitar a accesibilidade a cada espazo.

Un último paso previo

Agora que tedes organizada a vosa xornada de convivencia saudable e os vosos stands, ides poñela en práctica entre vós para detectar se é viable a súa realización coas familias.

Organizade os diferentes stands no espazo que decidistes e, entre os grupos, probade cada un deles.

Unha vez feito isto, cubride a lista de guía de observación que tedes a continuación para comprobar que todo está listo. Se detectades cousas a mellorar, este é o momento de facer reaxustes ou modificacións.

Lectura facilitada

Xa tedes organizada a vosa xornada de convivencia saudable e os vosos stands.

Organizade os diferentes stands no espazo e poñede en práctica ExpoMoving.

Cubride a lista de guía de observación para comprobar que todo está listo.

Se detectades cousas a mellorar, este é o momento de facer reaxustes ou modificacións.

Guía de observación

Guía observación para valorar a organización de ExpoMoving e os seus standsTodo evento debe cumprir uns requisitos que se teñen que ter en conta. É o momento de facer unha pequena análise de todos eles. Xa vistes que na organización da xornada de convivencia saudable, ou de calquera outro evento, é moi importante a organización.

Agora que seguistes uns pasos previos para organizar e levar a cabo ExpoMoving, o ideal é facer unha revisión ou comprobación de se os aspectos máis importantes foron tidos en conta.

A continuación, poderedes empregar unha guía de observación para facer esa comprobación.

Acceso ao documento en PDF (Nova xanela).

Accesibilidade

Un aspecto moi importante a ter en conta é a accesibilidade.

Os vosos stands son accesibles para todo o mundo? Son fáciles de comprender para as persoas que o visiten?

Uns elementos que se poderían incorporar nos vosos stands son pictogramas e códigos QR que leven a vídeos demostrativos ou a algún tipo de contido que axude a comprender o que se quere facer.

Se queredes engadir pictogramas nos vosos stands podedes conseguilos facendo clic aquí.

Se queredes crear códigos QR podedes facelo abrindo o xerador de códigos QR.

Lectura facilitada

Os vosos stands son accesibles para todo o mundo?

Son fáciles de comprender para as persoas que o visiten?

Uns elementos que se poderían incorporar nos vosos stands son:

  • Pictogramas.
  • Códigos QR.

Os códigos QR poden levar a vídeos demostrativos ou a algún tipo de contido que axude a comprender o que se quere facer.

Se queredes engadir pictogramas nos vosos stands podedes conseguilos facendo clic aquí.

Se queredes crear códigos QR podedes facelo abrindo o xerador de códigos QR.

Xerador de códigos QR

Podes usar esta aplicación para crear os teus propios códigos QR.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)