Saltar navegación

5.1. Repasando todo

 

Glosario

Reflexionar

Pictograma de pensar

Definición:

Pensar atenta e detidamente sobre algo.

Exemplo:

O alumnado reflexiona sobre o proceso para ver como se podería mellorar.

Expoñer

Pictograma de expoñer

Definición:

Presentar algo para que sexa visto.

Exemplo:

Cada grupo expón ao resto da clase o seu traballo nesta situación de aprendizaxe.

Reflexionando

Agora toca revisar as dianas de avaliación que cubriron os vosos familiares sobre Expomoving. Tamén podedes achegar información sobre as conversas que tivestes con eles en cada stand, porque seguro que vos fixeron achegas verbais.

Ides realizar un debate interno en cada grupo no que trataredes os seguintes puntos:

Pictograma de examen para representar o cuestionario

  • Como foi o proceso de organización? E o desenvolvemento de Expomoving? Atopastes dificultades?
  • Como valoraron os participantes o voso stand?
  • Custoulles realizar a actividade ou proba da que estabades encargados/as?
  • Que puntuacións obtiveron?
  • Ao rematala, sentiron fatiga?
  • Como vistes aos vosos familiares no voso stand?
  • Que propostas de mellora incluiriades?

Lectura facilitada

Agora toca revisar as dianas de avaliación que cubriron os vosos familiares.

Podedes achegar información sobre as conversas que tivestes con eles en cada stand.

Ides realizar un debate interno sobre:

  • Como foi o proceso de organización? E o desenvolvemento de Expomoving? Atopastes dificultades?
  • Como valoraron os participantes o voso stand?
  • Custoulles realizar a actividade ou proba da que estabades encargados/as?
  • Que puntuacións obtiveron?
  • Ao rematala, sentiron fatiga?
  • Como vistes aos vosos familiares no voso stand?
  • Que propostas de mellora incluiriades?

Expoñendo!

Despois de reflexionar, chegou o momento da posta en común.

Cada grupo deberá facer unha exposición de todo o proceso do seu stand de Expomoving. Debedes ter en conta as conclusións ás que chegastes reflexionando, xa que é información que é para compartir co resto dos compañeiros e compañeiras. Tamén debedes falar do proceso, dende a organización da estación ata o momento de traballo cos vosos familiares

Para isto, poderedes empregar diferentes formatos:

  • Exposición oral na aula mostrando as pezas deseñadas.
  • Vídeo explicativo.
  • Presentación dixital.

Lectura facilitada

Despois de reflexionar, chegou o momento da posta en común.

Cada grupo deberá facer unha exposición de todo o proceso do seu stand de Expomoving.

Poderedes empregar diferentes formatos:

  • Exposición oral na aula mostrando as pezas deseñadas.
  • Vídeo explicativo.
  • Presentación dixital.

Que aprendiches?

Infografía resumo do aprendido ao longo desta situación de aprendizaxe

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)