Saltar navegación

2.1. Comeza a aventura

Glosario

Glosario

Comandante

Astronauta no espazo exterior

Definición:

O comandante é o capitán da nave e toma as decisións máis importantes para o éxito da misión.

Exemplo:

O comandante conseguiu que os astronautas traballaran ben en equipo.

Especialista

Astronauta especialista facendo tarefas de mantemento na EEA

Definición:

Persoa que ten coñecementos de ciencias, matemáticas, física, química, bioloxía ou aeronáutica, así como experiencia avanzada en tecnoloxía.

Exemplo:

O especialista instalou compoñentes de seguridade na aeronave.

Piloto

Transbordador espacial Columbia despegando

Definición:

O piloto é a man dereita do comandante, axuda no manexo da nave.

Exemplo:

O piloto colaborou en que a aterraxe fora un éxito.

Preparados!

Tarxeta identificativa de astronauta

Iste vai ser o primeiro xogo para o voso museo.

Traballaredes en grupos de tres persoas. Primeiro, faredes unha tarxeta identificativa de astronauta, na que iredes cambiando de profesión dentro dunha nave espacial. Seredes comandante, piloto e especialista.

Ao rematar cada misión, colorearedes o rol que vos tocou e escribiredes a fase ou fases nas que traballastes.

Despois elixiredes un planeta e buscaredes información co obxectivo de coñecelos todos.

Como hai moita información que buscar, repartirédesvos o traballo:

Debuxo dun traxe de astronauta

  • Quen tome o rol de comandante buscará a información do Bloque 1 do seguinte apartado.
  • Quen tome o rol de piloto buscará a información do Bloque 2.
  • Quen tome o rol de especialista encargarase da información do Bloque 3.

Cando teñades toda esa información, expoñeredes os vosos traballos no Museo Espacial, para que o resto do alumnado teña a oportunidade de aprender sobre os planetas. 

Lectura facilitada

En grupos de 3 faredes unha tarxeta identificadora de astronauta.

Iredes cambiando de profesión dentro dunha nave espacial. Seredes comandante, piloto e especialista.

Ao rematar cada misión, colorearedes na tarxeta o rol que vos tocou e escribiredes a fase ou fases nas que traballastes.

Elixide un planeta. Buscade información sobre el.

O comandante buscará a información do Bloque 1.

O especialista buscará a información do Bloque 2.

O piloto buscará a información do Bloque 3.

Expoñeredes o voso traballo no Museo do Cole.

Listos!

Aquí tendes unha lista, por bloques, da información que teredes que atopar. Podedes engadir todos os datos curiosos que queirades!

Lembra facer un traballo que sexa de interese para todas as persoas que visiten o Museo Espacial.

Adiante!

                                                                                                                                        

Comandante - Bloque 1
Piloto - Bloque 2
Especialista - Bloque 3
Composición
 Satélites Distancia ao Sol
Forma Aneis Posición que ocupa respecto ao Sol
Cor Trazos distintivos/curiosidades Tempo en dar a volta ao Sol

Aquí tes unha ficha onde podes ir cubrindo as características do planeta elixido en formato editable.

Xa!

Imaxe de papeis, lapis e unha lupa

Agora que xa sabedes moito do voso planeta, imos crear un xogo de pistas para engadir ao Museo Espacial. Estes son os pasos que tedes que seguir: 

Primeiro elixiredes algunha característica singular do voso planeta e a escribirédela nunha tarxeta. Por exemplo: "Chámanlle o planeta vermello".

Despois, pola parte de atrás da tarxeta, poñedes o nome do planeta ao que se refire a pista. Neste caso, "Marte".

Cando teñades as tarxetas de todos os equipos, podedes probar a ler as pistas na clase e ver se o resto das compañeiras e compañeiros son quen de adiviñar de que planeta se trata. 

Por último incluiredes o xogo no Museo Espacial para que o resto do cole poida divertirse e pór a proba os seus coñecementos.

Lectura facilitada

Crearemos un xogo de pistas.

Nunha tarxeta escribide o máis interesante do voso planeta.

Por exemplo: "Chámanlle o planeta vermello"

Pola parte de atrás da tarxeta escribide o nome do planeta.

Lede as pistas na clase para comprobar que o resto de alumnado é quen de adiviñalo.

Xa tendes un xogo de pistas para o Museo Espacial.

Parabéns!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)