Saltar navegación

5. Inauguramos o Museo Espacial

Abrimos portas!

Chegou o momento de promover e dar a coñecer o museo ao resto da comunidade escolar. Para elo, faredes o seguinte:

Tarxeta de invitación ao museo espacial da clase

1. Creade pósteres animando a visitar o Museo Espacial. O póster pode conter fotos dos vosos traballos e describir brevemente o que van ver no museo. No póster debe aparecer o lugar e a hora da inauguración.

2. Escribide invitacións para convidar a outras clases a ver o Museo Espacial. É importante que poñades a hora e o día á que deben acudir. Podedes facer quendas por cursos ou clases.

3. Agora tomaredes o rol de guías do museo. Cada equipo falará dos seus traballos ao grupo de alumnas e alumnos que vaian velo.

Faredes unha exposición onde explicaredes todo o que aprendestes.

Teredes que guialos polas diferentes seccións do voso Museo Espacial, para que non se perdan nada.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)