Saltar navegación

3.5. Arredor do mundo

Traballamos co mapamundi

1. Localizade nun mapamundi os países de procedencia das persoas sobre as que traballastes na en 3.4. Profesións STEAM.

2. Buscade o lugar de nacemento da persoa que investigastes e colocade unha bandeirola no mapamundi co seu nome e apelidos.Mapamundi político, con todos os paises do mundo

3. Abride Google Maps e averiguade as coordenadas xeográficas do lugar de nacemento desa persoa facendo dobre clic sobre ese lugar. Engadídeas á bandeirola.

4. Nos vosos equipos imaxinade que a persoa que investigastes vaille facer unha visita a outra doutro equipo. 

5. Calculade a distancia que hai entre elas usando a escala do mapamundi.

6. Engadide un fío groso que vaia dende un dos lugares ao outro e poñede nun carteliño a distancia en quilómetros no mapamundi.

7. Colocaredes as tarxetas de información que fixéchedes sobre as profesións STEAM no mapamundi a carón de cada bandeirola.

Buscade un bo lugar no museo onde colocar este traballo!

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Ti si que es xenial! Remataches a Fase 3.

Abre o diario de aprendizaxe e complétao.

Lembra que este diario axudarache a saber como aprendes na clase e así ir mellorando un pouco máis con cada reto.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)