Saltar navegación

3. Rumbo ao Universo

Unha astronauta na ESA

Nena pensando na astronauta Sara García

Para ser astronauta en Europa, fai falta adestrarse na ESA, que é a Axencia Espacial Europea e que prepara os astronautas para ir ao espazo e mellorar as súas habilidades en investigación científica.

En novembro de 2022, Sara García Alonso converteuse na primeira muller española en ser seleccionada como membro da Reserva de Astronautas da ESA. Das 22.500 persoas candidatas, só 17 superaron todas as probas para ser astronautas. Sara foi unha das escollidas.

Sara García Alonso estudou Biotecnoloxía na Universidade de León e despois fixo un máster en Investigación Biomédica e Biolóxica. Como foi unha estudante moi aplicada, obtivo varios premios. Ademais, fala moi ben inglés e ten coñecementos de francés e portugués, algo moi importante para ser astronauta.

Xela admira moito a Sara e sabe que con moito traballo e esforzo, pode chegar a ser astronauta no futuro.  Para iso debe coñecer todo o que existe no Universo.

Nesta fase comezaremos aprendendo sobre a Terra e as súas capas. Tamén coñeceremos como se move o noso planeta e a que dá lugar cada movemento. Continuaremos polo seu satélite, a Lúa, e as súas fases. Seguiremos polos paralelos e os meridianos e remataremos polos fusos horarios.

Toda esta información axudarache a entender mellor o planeta no que vives e os cambios que experimenta. Ademais, cada equipo investigará sobre como é a vida dos astronautas na Estación Espacial Internacional e escribirá unha páxina para o caderno de astronauta, que expoñeredes no Museo Espacial.

Lectura facilitada

Para ser astronauta en Europa é necesario adestrarse na ESA. A ESA é a Axencia Espacial Europea.
A ESA prepara os astronautas para ir ao espazo e mellorar as súas habilidades en investigación científica.

A primeira muller española seleccionada como membro da Reserva de Astronautas da ESA, foi Sara García Alonso en novembro de 2022.

Sara estudou Biotecnoloxía na Universidade de León. Despois fixo un máster en Investigación Biomédica e Biolóxica.

Obtivo varios premios como estudante.

Sara fala moi ben inglés e ten coñecementos de francés e portugués. Os idiomas son importantes para ser astronauta.

Xela admira moito a Sara. Xela sabe que con moito traballo e esforzo pode chegar a ser astronauta no futuro.

Unha boa astronauta debe coñecer todo o que existe no Universo.

Nesta fase comezaremos aprendendo sobre a Terra e as súas capas.

Despois aprenderemos os movementos da Terra e a que dan lugar.

A continuación estudaremos a Lúa e as súas fases.

Despois, os paralelos e os meridianos.

Por último, os fusos horarios.

Esta información axudarache a entender mellor o planeta no que vives e os cambios que experimenta.

Ademais investigaredes a vida dos astronautas na Estación Espacial Internacional.

Por último, escribiredes unha páxina para o caderno do astronauta que expoñeredes no Museo Espacial.

Apoio visual

Xela pensa ser astronauta como é Sara

 Xela pensa en Sara, quere ser astronauta como ela.



Feito con eXeLearning (Nova xanela)