Profesións STEAM

Como xa sabes, os astronautas dedican a súa vida a estudar o Universo. Hai persoas ás que lles encanta a ciencia ou a tecnoloxía; outras prefiren ser enxeñeiras ou enxeñeiros, ou dedicarse ao mundo das artes. Tamén están aquelas que adoran as matemáticas. Todas estas profesións reciben o nome de STEAM polas súas siglas en inglés. O "S" ven de Science (Ciencia) o "T" de Technology (Tecnoloxía), o "E" de Engeneering (Enxeñaría), o "A" de Arts (Artes) e o "M" de Maths (Matemáticas).
Ao longo da historia algunhas persoas fixéronse famosas polos seus descubrimentos, as súas invencións, avances científicos ou pola súa contribución ao mundo da música ou da pintura, é dicir, das artes. Todas estas persoas dedicaron a súa vida a algunha destas profesións e axudaron a avanzar á humanidade.
Seguro que algunhas delas resúltanche coñecidas, como Neil Armstrong, que foi o primeiro astronauta en pisar a Lúa no ano 1969 ou Copérnico, un astrónomo que propuxo que a Terra e os outros planetas xiraban arredor do Sol. Ata ese momento os científicos crían que a Terra era o centro do Universo.
Neste reto ides investigar algunhas destas persoas. Escolleredes unha e cambiando os roles dentro dos equipos buscaredes a seguinte información:
Piloto: Nome completo, nacionalidade, data de nacemento e morte (se faleceu). Tamén buscará unha foto.
Comandante: Estudos, profesión e razón pola que é famosa ou famoso.
Especialista: Completará a ficha coa información e pegará a foto.
Ao rematar podedes colorear a terceira e última misión das vosas tarxetas identificativas de astronauta.
Aquí tes un exemplo do tipo de información que debes buscar, preme na imaxe e abrirase a ficha en pdf.
- Ciencia: Samantha Cristoforetti, Galileo Galilei, Marie Curie
- Tecnoloxía: Steve Jobs, Mark Zuckerberg, Bill Gates
- Enxeñaría: Margaret Hamilton, Jeff Bezos
- Artes: Léon Theremin, Frida Kahlo
- Matemáticas: Pitágoras, Hipatia
Acordádevos de gardar as fichas para expoñelas no Museo Espacial.
Lectura facilitada
Os astronautas dedícanse ao estudo do Universo.
Hai persoas ás que lles encanta a ciencia ou a tecnoloxía, outras as artes, outras as matemáticas.
Estas profesións chámanse profesións STEAM.
As profesións STEAM reciben o seu nome pola tradución das súas siglas en inglés:
S por Science (Ciencia)
T por Technology (Tecnoloxía)
E de Engeneering (Enxeñaría)
A de Arts (Artes)
M de Maths (Matemáticas)
Algunhas persoas, ao longo de miles de anos, fixéronse famosas polos seus descubrimentos, polos seus inventos, polos seus avances científicos, ou por contribuír no mundo das artes.
É posible que coñezas a Neil Armstrong, o primeiro astronauta en pisar a Lúa en 1969.
Copérnico era astrónomo.
Descubriu que Sol era o centro do Sistema Solar.
Imos investigar algunhas destas persoas.
Cada equipo escolle a unha persoa e buscará a seguinte información:
Piloto do equipo:
- Nome completo
- Nacionalidade
- Data de nacemento e falecemento.
- Foto
Comandante do equipo:
- Estudos
- Profesión
- Razón pola que é famoso ou famosa.
Especialista do equipo:
- Completar a ficha coa información
- Pegar a foto
Ao rematar podedes colorear a terceira e última misión da vosa tarxeta de astronauta.
Persoas que imos investigar:
- Na ciencia: Samantha Cristoforetti, Galileo Galilei, Marie Curie
- Na tecnoloxía: Steve Jobs, Mark Zuckerberg, Bill Gates
- Na enxeñaría: Margaret Hamilton, Jeff Bezos
- Nas artes: Léon Theremin, Frida Kahlo
- Matemáticas: Pitágoras, Hipatia
As fichas que fagamos sobre estas persoas serán expostas no Museo Espacial.
