Saltar navegación

5.1. Avaliamos o traballo

Como foi o meu traballo

Traballo Individual
 Foime xenial porque...Fíxeno ben porque...Custoume un pouco porque...Debo mellorar porque...
Entendo o proxectoCoñezo e entendo todos os pasos para levar a cabo o reto final. (2.5)Coñezo os pasos do reto pero non comprendo totalmente o proceso. (2)Coñezo parte dos pasos do reto, pero non entendín todas as partes. (1.5)Non entendín as partes que forman o reto. (1)
Traballo en equipoEstiven moi a gusto no grupo, axudei as miñas compañeiras e compañeiros. Participei moito e fun parte importante do equipo (2.5)Estiven moi a gusto no grupo, axudei as miñas compañeiras e compañeiros. Participei, aínda que non aportei moitas propostas, pero apoiei as propostas dos demais. (2)Custoume un pouco traballar en equipo. Non colaborei co resto do meu grupo de traballo. (1.5)Non quisen ser participe do grupo e rexeitei o traballo. (1)
Traballo individualFun quen de facer as actividades individuais que correspondían e remateinas sen erros. Esforceime para realizalas sen axuda. Axudei ás miñas compañeiras e compañeiros (2.5)Fun quen de facer as actividades individuais que correspondían, tiven éxito e fíxenas de forma correcta. Esforceime para acabalas sen axuda e entregueinas todas no tempo estimado (2)Non realicei todas as actividades individuais que correspondían e para algunhas necesitei axuda. En todo caso , entregueinas nos tempos marcados. Máis da metade das actividades tiveron puntuacións correctas. (1.5)Non realicei todas as actividades individuais que se propuxeron . Por outra banda a pesares de ter axuda, os resultados non foron bos. (1)
Superación do retoTraballei co meu equipo para superar o reto. Tamén tiven tempo para axudar a outros equipos. (2.5)Colaborei de forma activa para superar o reto. (2)A miña participación para superar o reto foi baixa, os meus compañeiros e compañeiras tiveron que axudarme moito (1.5)Non participei na preparación do reto, deixei que as miñas compañeiras e compañeiros fixeran todo o traballo. (1)

Elaboración propia (proxecto cREAgal). Traballo Individual (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Como traballei en equipo

Traballo colectivo
 Foinos xenial porque...Fixémolo ben porque...Custounos un pouco porque...Debemos mellorar porque...
Participación e colaboración no equipoTodos os membros do equipo participamos activamente e colaboramos axudando a outras persoas. (2)Todos os membros do equipo participamos activamente, pero non axudamos a outras persoas porque nos centramos no noso traballo. (1.5)A metade dos membros do equipo participaron activamente. (1.25)Só traballou un membro do equipo e as outras persoas integrantes do grupo non colaboraron nin axudaron. (1)
O ambiente de traballoFoi moi agradable e non tivemos conflitos dentro do grupo. (2)Foi agradable pero existiron pequenos conflitos que se resolveron de forma inmediata. (1.5)Foi pouco motivador porque houbo moitos conflitos que afectaron ao noso traballo. (1.25)Foi malo porque houbo moitos problemas que afectaron o traballo. (1)
Na posta en común de ideasTodas as persoas do grupo traballamos co obxetivo de completar as tarefas. Respectáronse as opinións e argumentouse o rexeitamento de propostas. (2)Todas as persoas do grupo fomos partícipes en ofrecer achegas para completar as tarefas, pero algunhas das propostas rexeitáronse sen dar un argumento. (1.5)A metade do grupo aportou ideas e propuxo ideas novas e solucións para acadar as tarefas. (1.25)Só un membro do equipo aportou ideas, o resto das persoas non aportou propostas ao debate. (1)
Para o seguimento do traballoDebatemos e analizamos os resultados do traballo para recoller propostas de mellora. (2)Analizamos os resultados do traballo, e debatemos os resultados, pero non se ofreceron propostas de mellora. (1.5)Analizamos os resultados do traballo, pero non houbo debates nin propostas de mellora. (1.25)Non fixemos a valoración do traballo e moito menos debatemos os resultados. (1)
A autonomíaFoi plena xa que organizamos o funcionamento do grupo sen axuda dos adultos, e incluso axudamos a outros grupos a organizarse. (2)Foi axeitada xa que organizamos o funcionamento do grupo sen procurar axuda. (1.5)Foi parcial, pois tivemos que solicitar axuda para organizar o traballo ao inicio, pero logo o equipo traballou con autonomía. (1.25)Foi pobre xa que solicitamos axuda en varias ocasións para organizar o traballo. (1)

Elaboración propia (proxecto cREAgal). Traballo colectivo (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Parabéns! Completaches o reto e sabes todo o que se necesita para ser astronauta.

Esta será a reflexión final sobre todo o traballo que fixeches.

Completa o diario de aprendizaxe.

Ata a seguinte aventura!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)