Deixamos pistas

O Museo Espacial estará dentro do voso colexio.
Para que o resto do alumnado saiba que algo importante está a piques de pasar, ides deixarlles unha pista.
Sairedes ao patio cun compás para identificar a dirección na que se atopan os puntos cardinais.
Despois pintaredes no chan ben visible e grande, unha rosa dos ventos con oito puntas: N, S, L, O e as intermedias NL (nordeste) , SL (sueste), NO (noroeste) e SO (suroeste).
O día da exposición, engadiredes unha frecha que marque a dirección na que se atopa o Museo Espacial, e así poder guiar ao alumnado ata alí.
Lectura facilitada
O Museo estará dentro do voso colexio.
Para que o resto do alumnado saiba del, hai que lles deixar unha pista.
No patio identificade os puntos cardinais.
Pintade no chan, en grande, unha rosa dos ventos indicando:
N, S, L, O e as intermedias NL (nordeste) , SL (sueste), NO (noroeste) e SO (suroeste).
O día da exposición porédeslle unha frecha indicando a dirección que deben seguir para chegar ao Museo Espacial.
