A vida no espazo
Para ser astronauta precísase dunha grande vontade e disciplina. Nesta profesión debes estudar unha carreira universitaria de ciencias, como enxeñería ou medicina. Tampouco está de máis saber pilotar unha aeronave.
Ademais é necesario falar varios idiomas, como inglés ou ruso, para poder comunicarse cos diferentes astronautas. A maioría proceden de Europa, Xapón, Rusia ou EE UU.
Os astronautas deben ser quen de traballar en equipo. Ás veces, nas misións, teñen que estar en espazos reducidos como as naves espaciais ou as estacións espaciais durante moito tempo.
Tamén deben gozar de boa saúde porque o seu traballo require de moita enerxía física e mental, polo tanto necesitan estar en plena forma.
Ser astronauta é unha profesión fascinante e, por iso, neste reto imos investigar como é a vida dos astronautas na Estación Espacial Internacional.
Nos vosos equipos completaredes a segunda misión investigando sobre un dos temas dos seguintes vídeos, despois escribiredes unha páxina coa información máis importante.
Tendes que coller outro rol da vosa tarxeta de astronauta e repartirvos o traballo. Ao finalizar colorearedes e escribiredes a fase da vosa segunda misión.
Xuntaredes as páxinas de todos os equipos para facer un caderno de astronauta. Unha vez rematado, expoñerédelo no Museo Espacial.
Lectura facilitada
Para ser astronauta precísase moito esforzo. Os astronautas deben ir á Universidade e estudar carreiras como medicina ou enxeñería. Se é posible deben saber pilotar unha aeronave.
Para ser astronauta tamén é necesario falar varios idiomas como inglés ou ruso. Os idiomas son importantes para comunicarse con astronautas de Europa, Xapón, Rusia ou Estados Unidos.
Os astronautas deben saber traballar en equipo porque pasan moitas horas xuntos.
A saúde dos astronautas é moi importante porque gastan moita enerxía a nivel físico e mental.
Ser astronauta é unha profesión emocionante, por iso imos investigar como é a vida dos astronautas na Estación Espacial Internacional.
Nos vosos equipos, investigaredes sobre un dos temas dos vídeos.
Cada equipo escribirá unha páxina coa información máis importante.
Xuntaredes todas as páxinas para facer un caderno do astronauta.
Debes gardar este caderno para expoñelo no Museo Espacial do cole.
Audio
Como é a vida no espazo...