Glosario
Glosario
Asteroide

-
Definición:
-
Corpo celeste de cor gris e composto de rochas que xira arredor do Sol.
-
Exemplo:
-
Os asteroides miden menos de 1.000 km.
Astronauta
-
Definición:
-
Persoa que viaxa fóra da atmosfera terrestre nunha nave espacial.
-
Exemplo:
-
Os astronautas fan exercicio cada día para manterse en boa forma.
Cometa
-
Definición:
-
Corpo celeste formado por un núcleo de xeo e rochas e unha cola de gas e po que xira arredor do sol
-
Exemplo:
-
Os cometas son visibles cando se achegan ao Sol.
Marte
-
Definición:
-
Cuarto planeta do Sistema Solar, de cor vermello e con dous satélites.
-
Exemplo:
-
Marte é un planeta pequeno e rochoso.
Sistema Solar
-
Definición:
-
Sistema planetario formado por unha estrela e os corpos celestes que xiran arredor dela.
-
Exemplo:
-
O Sistema Solar está formado por oito planetas que xiran arredor do Sol.
