Saltar navegación

Que vas a aprender

Aprendendo xuntos!

Se acompañas a Xela e Lucho serás quen de...

Planetas colgados do teito con fondo negro

 - Identificar os astros e coñecer as súas características.

 - Traballar en grupo a orientación usando mapas propios.

 - Aprender sobre a vida dos astronautas na Estación Espacial Internacional.

 - Investigar diferentes profesionais con estudos STEAM.

 - Crear un museo interactivo no recinto escolar.

 - Utilizar as novas tecnoloxías como elemento para informarse, aprender e comunicarse.

 - Contar ao resto do alumnado do centro todo o que aprendestes.

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Parabéns! Completaches a Fase 1.

Ao final de cada fase terás que reflexionar sobre como traballas e aprendes na clase.

Tamén escribirás sobre como te sentes cando estás facendo as actividades e o traballo en grupo.

Tócache identificar cales son os teus puntos fortes e febles, é dicir, o que che resulta fácil ou, polo contrario, che supón un esforzo ou unha dificultade.

Esta actividade axudarache a progresar na túa aprendizaxe. Para elo, anotarás todo isto no diario de aprendizaxe.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)