Saltar navegación

Todos xuntos

Viven connosco

En grupos de tres persoas, facédelle unha foto a unha paisaxe do voso arredor e imprimídea; tamén podedes debuxala.  Completade esa paisaxe debuxándolle cinco animais invertebrados e cinco vertebrados que vivan nel. Para rematar colocádea no taboleiro da clase.

Traballando con táboas

Copia a táboa que se achega no teu caderno; unha vez que remates, e axudándote da información que aparece nos apartados anteriores:

a) Na primeira columna pon SI ou NON onde corresponda, segundo as características que posúan TODOS os animais.

b) Na segunda columna explica o significado de cada característica de xeito breve.

Táboa das características xerais dos animais

Copia a seguinte táboa no teu caderno, e segue as instrucións dadas. Podes facer clic na imaxe para ampliala.

Táboa características dos animais

Animais nas redes

Investiga sobre tres animais en perigo de extinción que haxa en Galicia. Elabora unha entrada para o Instagram do centro, na que figure o nome común, o nome científico, como é, onde vive, e algunha curiosidade sobre eles. Contribuirás á difusión dos máis sensibles.

Características polas paredes

Cando a persoa docente diga o nome dun animal, escolle unha das características que está pegada polas paredes da aula, e sitúate onda ela; non tardes moito, porque corres o risco de que xa estea "ocupada".

Feito con eXeLearning (Nova xanela)