Todos os animais están no mesmo Reino
Imos empezar a coñecer a todos os seres vivos que pertencen ao Reino Animal.
Todos eles son animais e comparten unhas características comúns. Pero, para poder estudalos e coñecelos mellor, as persoas investigadoras inclúenos en varios grupos.
Para empezar, imos ver cales son esas características comúns a todos os animais.
A continuación veremos cales son invertebrados e cales son vertebrados. E tamén traballaremos as características que os diferencian.
Por último e como conclusión, seremos conscientes de que todos eles son importantes e diversos. E tamén seremos conscientes da necesidade de coñecelos para conservalos.
Verás como, mentres vas coñecendo aos animais, poderás ir avanzando cara ao noso reto: a elaboración dunha granxa virtual onde haberá animais invertebrados e vertebrados organizados en función das súas características.
Pouco a pouco irás traballando igual que o fan os científicos cando levan a cabo tarefas similares ás que farás ti no teu reto; investigar para coñecer e coñecer para clasificar e conservar.
Empezamos!

Lectura facilitada
Imos empezar a coñecer o Reino Animal.
Para coñecelos mellor separámolos en varios grupos.
Imos ver cales son as características comúns a todos os animais.
Diferenciaremos os invertebrados dos vertebrados.
Todos eles son importantes e diversos.
Necesitamos coñecelos para conservalos.