Glosario
Atmosfera
-
Definición:
-
A atmosfera é a capa de gas que rodea un planeta.
-
Exemplo:
-
A atmosfera da Terra contén gases imprescindibles para a vida.
Biosfera
-
Definición:
-
Conxunto de seres vivos que habitan na Terra.
-
Exemplo:
-
Todos os ecosistemas da Terra forman a Biosfera.
Hidrosfera
-
Definición:
-
A hidrosfera é o conxunto de todas as augas do planeta.
-
Exemplo:
-
Na hidrosfera inclúese toda a auga do planeta tanto salgada coma doce.
Xeosfera
-
Definición:
-
A xeosfera é un subsistema da Terra que se estende dende a superficie ata o interior do planeta. Está formada por varias capas.
-
Exemplo:
-
A xeosfera ten unha estrutura rochosa e serve de soporte para o resto dos sistemas terrestres.

