Glosario
Célula procariota
-
Definición:
-
Chámase célula procariota a aquela célula sen núcleo celular diferenciado, é dicir, cuxo ADN se atopa disperso no citoplasma.
-
Exemplo:
-
As bacterias son células procariotas.
Célula eucariota
-
Definición:
-
As células eucariotas son células que teñen o seu material hereditario encerrado dentro dunha dobre membrana, a envoltura nuclear.
-
Exemplo:
-
Na célula eucariota o núcleo aparece en azul no centro.
Fecundación
-
Definición:
-
É a unión dun gameto masculino co feminino.
-
Exemplo:
-
A fecundación nos animais consiste na unión dun espermatozoide cun óvulo.
Zigoto
-
Definición:
-
Nos animais, o zigoto chámase ovo e resulta da unión de dous gametos: óvulo e espermatozoide.
-
Exemplo:
-
O zigoto é o resultado da fecundación.