Saltar navegación

2.5. Mulleres con sona

Dúas mulleres entre primates

Jane Goodall

Jane Goodall

A pioneira

É considerada a pioneira no estudo dos chimpancés salvaxes, e mundialmente recoñecida polo seu estudo, de máis de sesenta anos de duración, sobre as interaccións sociais e familiares destes primates, en Tanzania.                                                                  

Responsable de moitos programas e áreas de conservación e benestar animal, tamén foi a primeira en descubrir que os chimpancés eran quen de fabricar e empregar ferramentas.

A fundación Instituto Jane Goodall, leva a cabo numerosos programas de estudo, conservación e divulgación dos primates.

Podes atopar moita máis información nestes enlaces:

Biografía de Jane Goodall

Instituto Jane Goodall

Lectura facilitada

É a pioneira no estudo dos chimpancés salvaxes. 

Mundialmente recoñecida polo seu estudo.                                                                 

Responsable de moitos programas de conservación e benestar animal. 

Foi a primeira en descubrir que os chimpancés fabricaban ferramentas.

A fundación Instituto Jane Goodall leva a cabo programas de estudo, conservación e divulgación dos primates.

Rebeca Atencia

Rebeca Atencia

A discípula galega avantaxada

Rebeca Atencia naceu no Ferrol.

É doutora veterinaria, e actual directora do Instituto Jane Goodall no Congo.

Está considerada coma a herdeira de Jane Goodall pola súa destacada labor na recuperación de primates.

Realizou numerosos estudos sobre a saúde dos primates, fundamentais para a súa recuperación e reinserción.

Actualmente, vive a cabalo entre o Congo e España.

Atoparás máis información sobre ela aquí:

Biografía de Rebeca Atencia

Directora do Instituto Jane Goodall

Lectura facilitada

Rebeca Atencia naceu no Ferrol.

É doutora veterinaria.

Actual directora do Instituto Jane Goodall no Congo.

Está considerada coma a herdeira de Jane Goodall.

Realizou numerosos estudos sobre a saúde dos primates.

Agora, vive a cabalo entre o Congo e España.

Toca traballar no diario de aprendizaxe!

Diario de aprendizaxeDespois de saber a importancia de Jane Goodall e Rebeca Atencia, le o seguinte artigo:

Rebeca Atencia: "Comer donuts mata chimpancés"

E agora resposta ás seguintes preguntas, no apartado 2 do teu diario de aprendizaxe:

  • Gustaríache ser como Rebeca e Jane? Por que?
  • Cres que o seu labor é importante. Por que?
  • Que teñen que ver os donuts cos chimpancés?
  • Pensaches algunha vez antes, que algo que ti fas de cote, ten repercusións na vida de outros animais, moi lonxe de ti?
  • Indaga se hai máis repercusións negativas, en animais, debido a algún hábito que facemos habitualmente.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)