Saltar navegación

3.3. Algúns teñen vértebras

 

Glosario

Branquias

Branquias

Definición:

Estruturas que teñen algúns animais e que levan a cabo a función respiratoria. A auga pasa a través das branquias e o animal absorbe o osíxeno disoluto.

Exemplo:

Os peixes teñen branquias para respirar.

Larva

Larva

Definición:

Un dos estadios de desenvolvemento dos animais que teñen metamorfose durante o seu ciclo de vida.

Exemplo:

As bolboretas pasan por unha fase de larva durante o seu ciclo de vida.

Rede neuronal

Neurona

Definición:

Conxunto de células nerviosas (chamadas neuronas) que forman as estruturas dos animais que participan nos procesos da súa función de relación. Grazas a este tipo de estruturas os animais poden responder aos estímulos e comunicarse.     

Exemplo:

O sistema nervioso central dos animais vertebrados.

Salobre

Estuario

Definición:

Nos medios salobres a auga ten características intermedias entre os medios de auga doce e os auga salgada.

Exemplo:

Un estuario considérase un medio salobre porque é a zona dun río que está moi preto do mar.

Traqueas

Tráqueas

Definición:

Estruturas que teñen algúns animais e que levan a cabo a función respiratoria. O aire pasa a través das traqueas, que forman un sistema de condutos.

Exemplo:

Os insectos respiran mediante un sistema de traqueas.

Animais vertebrados

Características xerais

Os animais vertebrados son organismos cordados que teñen un esqueleto interno formado pola columna vertebral.

A simetría do seu corpo é bilateral.

Algúns teñen extremidades (ás, aletas, patas) e estruturas protectoras arredor do seu corpo (plumas, pelo, cornos e moitas mais).

Na actualidade calcúlase que hai aproximadamente 50.000 especies de animais vertebrados no planeta.

Están adaptados a unha gran diversidade de hábitats acuáticos e terrestres.

Peixes, anfibios e réptiles son ectotermos.

Son ectotermos porque non son capaces de regular a súa temperatura corporal e dependen da do medio no que viven.

Aves e mamíferos son endotermos.

Son endotermos porque manteñen unha temperatura corporal estable independentemente da do medio no que viven.

Funcións vitais

Nutrición:

A súa nutrición é heterótrofa e os diferentes grupos teñen unha gran variedade de estruturas complexas que lles serven para procesar os alimentos que inxiren (tubo dixestivo, fígado, páncreas) e eliminar os residuos producidos (por exemplo, grazas aos riles).

Son animais moi diversos tamén en relación ás súas estruturas respiratorias (pulmóns, branquias, pel).

O seu sistema circulatorio é pechado. O sangue permanece en todo momento dentro dos vasos sanguíneos e teñen un ou varios corazóns.

Aparatos circulatorios de vertebradosRelación:

Os vertebrados son animais cun sistema nervioso moi evolucionado e complexo.

Teñen diversas estruturas como o encéfalo (protexido polo cranio), a medula espiñal (protexida pola columna vertebral) e os órganos dos sentidos.

Tamén teñen unha extensa rede neural que percorre o corpo (os nervios).

Estruturas nerviosas de anfibio, ave e mamíferoReprodución:

A reprodución dos vertebrados é de tipo sexual, e a fecundación (unión do gameto masculino e feminino) pode ter lugar no interior da femia (fecundación interna) ou  no exterior do seu corpo (fecundación externa). Os peixes, por exemplo, teñen fecundación externa.

Despois da fecundación, o embrión pode desenvolverse nun ovo (animais ovíparos), no corpo materno (animais vivíparos) ou en ambos (animais ovovivíparos).

Lectura facilitada

Características xerais

Os animais vertebrados teñen un esqueleto interno formado pola columna vertebral.

A simetría do seu corpo é bilateral.

Algúns teñen extremidades (ás, aletas, patas).

Poseen estruturas protectoras arredor do seu corpo (plumas, pelo, cornos e moitas mais).

Están adaptados a unha gran diversidade de hábitats acuáticos e terrestres.

Peixes, anfibios e réptiles son ectotermos.

Son ectotermos porque non son capaces de regular a súa temperatura corporal.

Dependen da do medio no que viven.

Aves e mamíferos son endotermos.

Son endotermos porque manteñen unha temperatura corporal estable. 

Funcións vitais
Nutrición:
A súa nutrición é heterótrofa.

Son animais moi diversos en relación ás súas estruturas respiratorias (pulmóns, branquias, pel).

O seu sistema circulatorio é pechado.

O sangue permanece en todo momento dentro dos vasos sanguíneos e teñen un ou varios corazóns.

Relación:
Os vertebrados son animais cun sistema nervioso complexo.

Teñen o encéfalo (protexido polo cranio).

A medula espiñal (protexida pola columna vertebral).

E os órganos dos sentidos.

Tamén teñen unha extensa rede neural que percorre o corpo (os nervios).

Reprodución:
A reprodución dos vertebrados é de tipo sexual.

A fecundación pode ter lugar no interior da femia (fecundación interna)

Ou  no exterior do seu corpo (fecundación externa). 

Despois o embrión pode desenvolverse nun ovo (animais ovíparos).

No corpo materno (animais vivíparos).

Ou en ambos (animais ovovivíparos).

Presentamos os distintos grupos

Peixes

Os peixes son animais acuáticos e habitan en medios de auga doce, salgada e tamén salobre.

O seu corpo, en xeral, é alongado, está cuberto de escamas e teñen aletas para desprazarse.

Anatomía dun peixe

Unha estrutura chamada vexiga natatoria actúa a modo de flotador e permítelles estabilizarse cando se desprazan a distintas profundidades.

Teñen branquias para respirar, cunha estrutura protectora ósea chamada opérculo.

Peixes cartilaxinosos.

Exemplo: as quenllas.

Peixes óseos.

Exemplo: as sardiñas.

Anfibios

Os anfibios foron os primeiros animais que colonizaron o medio terrestre.

Poden vivir no medio acuático e no medio terrestre en diferentes fases do seu ciclo vital.

Teñen un corpo cuberto por unha pel moi fina e húmida (ou mesmo non teñen pel), a maioría teñen catro extremidades (son tetrápodos) con membranas entre os dedos e nalgúns casos teñen cola.

En diferentes etapas do seu ciclo vital teñen diversas estruturas respiratorias: poden respirar pola súa pel, por branquias ou por pulmóns.

No seu desenvolvemento poden pasar por varias fases moi diferentes (larva, adulto) e as transformacións e cambios (anatómicos e fisiolóxicos) que lles permiten pasar dunhas fases a outras coñécense como metamorfose, como pasa por exemplo nas ras.

Metamorfose nos anfibios

Os anfibios poden clasificarse nun dos seguintes grupos:

Anfibios anuros (sen cola).

Exemplo: as ras.

Anfibios urodelos (con cola).

Exemplo: as píntegas.

Réptiles

A maioría dos réptiles viven en medios terrestres pero hai excepcións, como por exemplo as tartarugas que habitan no medio acuático.

Teñen a pel do seu corpo cuberta de escamas e hai réptiles con catro patas e outros que non as teñen.

Algúns animais deste grupo perden a pel para poder medrar mediante un proceso chamado muda.

Muda nos reptiles

Unha estrutura corporal dos réptiles moi importante para a súa supervivencia é a lingua xa que funciona como un órgano con función olfactiva.

A súa respiración é mediante pulmóns.

Os réptiles poden clasificarse nos seguintes grupos:

Crocodilianos

Exemplo: os crocodilos.

Quelonios

Exemplo: as tartarugas.

Saurios

Exemplo: os lagartos.

Ofidios

Exemplo: as serpes.

Aves

A maioría das aves teñen ás que lles permiten voar pero hai excepcións, como por exemplo os pingüíns.

O seu corpo está cuberto de plumas e, para facilitar o voo, teñen as seguintes adaptacións:

- o seu corpo ten forma aerodinámica.

- os ósos son ocos e pesan pouco.

- teñen uns sacos aéreos conectados aos pulmóns cunha reserva de aire.

A boca das aves está modificada para formar o peteiro.

Os peteiros das aves son moi diversos (na súa forma e tamaño) en función da gran variedade de tipos de alimentación que teñen este tipo de animais.

Peteiro adaptado á alimentación

As aves poden clasificarse nun dos seguintes grupos:

Corredoras

Exemplo: as avestruces.

Galináceas

Exemplo: as perdices.

Zancudas

Exemplo: as cegoñas.

Anátidas

Exemplo: as ocas.

Rapaces

Exemplo: as aguias.

Paxaros

Exemplo: as andoriñas.

Mamíferos

Os mamíferos son un grupo de animais vertebrados moi diversos e chámanse así debido a que as femias teñen unhas estruturas chamadas glándulas mamarias coas que alimentan ás súas crías, que dispoñen de beizos para succionar o leite materno.

Mamífero amamantando ás súas crías

Son quen de colonizar diversos tipos de medios terrestres e tamén hai especies que viven en medios acuáticos.

O seu corpo está cuberto de pelo e as súas extremidades están adaptadas ao seu modo de desprazamento (ás, patas, aletas).

Teñen respiración mediante pulmóns.

As súas estruturas dixestivas son moi variadas porque tamén o son diversas as modalidades de alimentación (carnívoros, herbívoros, omnívoros).

Teñen os sistemas nerviosos mais complexos e evolucionados do Reino Animal.

Comparación de cerebros de mamíferos

Os mamíferos poden clasificarse nun dos seguintes grupos:

Monotremas

Exemplo: o ornitorrinco (aleita ás súas crías pero é ovíparo).

Marsupiais

Exemplo: o canguro (a nai ten unha bolsa chamada marsupio na que as crías completan o seu desenvolvemento).

Placentarios

Exemplo: os tigres e os primates (durante a xestación, a femia desenvolve unha estrutura chamada placenta que lle serve para alimentar ao embrión).

Lectura facilitada

Presentamos os distintos grupos.

Peixes

Os peixes son animais acuáticos. 

O seu corpo é alongado, está cuberto de escamas e teñen aletas para desprazarse.

Teñen branquias para respirar. 

Peixes cartilaxinosos. Exemplo: as quenllas.

Peixes óseos. Exemplo: as sardiñas.

Anfibios

Os anfibios foron os primeiros animais que colonizaron o medio terrestre.

Poden vivir no medio acuático e no medio terrestre.

Teñen un corpo cuberto por unha pel moi fina e húmida. 

No seu desenvolvemento poden pasar por varias fases moi diferentes (larva, adulto).

As transformacións coñécense como metamorfose, como pasa por exemplo nas ras.

Os anfibios poden clasificarse nun dos seguintes grupos:

Anfibios anuros (sen cola). Exemplo: as ras.

Anfibios urodelos (con cola). Exemplo: as píntegas.

Réptiles

A maioría dos réptiles viven en medios terrestres. 

Teñen a pel do seu corpo cuberta de escamas. 

Algúns perden a pel para poder medrar mediante un proceso chamado muda.

A lingua ten función olfactiva.

A súa respiración é mediante pulmóns.

Os réptiles poden clasificarse nos seguintes grupos:

Crocodilianos. Exemplo: os crocodilos.

Quelonios. Exemplo: as tartarugas.

Saurios. Exemplo: os lagartos.

Ofidios. Exemplo: as serpes.

Aves

A maioría das aves teñen ás que lles permiten voar.

Hai excepcións, como por exemplo os pingüíns.

O seu corpo está cuberto de plumas e, para facilitar o voo, teñen as seguintes adaptacións:

- o seu corpo ten forma aerodinámica.

- os ósos son ocos e pesan pouco.

- teñen uns sacos aéreos conectados aos pulmóns cunha reserva de aire.

A boca das aves está modificada para formar o peteiro.

Os peteiros das aves son moi diversos pola alimentación. 

As aves poden clasificarse nun dos seguintes grupos:

Corredoras. Exemplo: as avestruces.

Galináceas. Exemplo: as perdices.

Zancudas. Exemplo: as cegoñas.

Anátidas. Exemplo: as ocas.

Rapaces. Exemplo: as aguias.

Paxaros. Exemplo: as andoriñas.

Mamíferos

Chámanse así debido a que as femias teñen glándulas mamarias coas que alimentan ás súas crías.

As crías teñen beizos para succionar o leite materno.

Hai especies terrestres e acuáticas.

O seu corpo está cuberto de pelo. 

Teñen respiración mediante pulmóns.

Existen diversas modalidades de alimentación (carnívoros, herbívoros, omnívoros).

Teñen os sistemas nerviosos mais complexos e evolucionados do Reino Animal.

Os mamíferos poden clasificarse nun dos seguintes grupos:

Monotremas. Exemplo: o ornitorrinco (aleita ás súas crías pero é ovíparo).

Marsupiais. Exemplo: o canguro (a nai ten unha bolsa chamada marsupio).

Placentarios. Exemplo: os tigres e os primates. 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)