Glosario
Moneras
-
Definición:
-
Son seres vivos unicelulares formados por células procariotas (son procariotas as células que non teñen o seu material xenético rodeado por unha membrana).
-
Exemplo:
-
As bacterias son moneras.
Protoctistas
-
Definición:
-
Seres vivos formados por células eucariotas (son eucariotas as células que teñen o seu material xenético rodeado por unha membrana formando o núcleo). Unicelulares e multicelulares (sen formar tecidos). Nutrición autótrofa e heterótrofa.
-
Exemplo:
-
Os protozoos e as algas son deste reino dos protoctistas.
Fungos
-
Definición:
-
Seres vivos formados por células eucariotas (son eucariotas as células que teñen o seu material xenético rodeado por unha membrana formando o núcleo). Unicelulares e multicelulares (sen formar tecidos). Nutrición heterótrofa.
-
Exemplo:
-
Os cogomelos, as lévedas e os mofos son deste reino dos fungos.
Plantas
-
Definición:
-
Seres vivos formados por células eucariotas (son eucariotas as células que teñen o seu material xenético rodeado por unha membrana formando o núcleo). Pluricelulares con auténticos tecidos. Teñen nutrición autótrofa.
-
Exemplo:
-
As árbores e as hortalizas pertencen a este reino das plantas.
Animais
-
Definición:
-
Seres vivos formados por células eucariotas (son eucariotas as células que teñen o seu material xenético rodeado por unha membrana formando o núcleo). Pluricelulares con auténticos tecidos. Nutrición heterótrofa.
-
Exemplo:
-
Os cabalos, as aves e os leóns pertencen a este reino dos animais.




,_parque_nacional_Kruger,_Sudafrica,_2018-07-25,_DD_20.jpg)