Saltar navegación

2.6. Pero ti que dis!

Por que pican os mosquitos?

Por que a min sempre me pican os mosquitos?

Algunha vez durmiches na mesma habitación con outra ou outras persoas e entraron os mosquitos e só che picaron a ti?

Mosquitos picando pel humana

Seguro que, cando te decataches de que so che picaran a ti dixeches: "pero....por que a min e só a min?"

E tamén seguramente alguén dixo: "picáronche a ti porque tes o sangue moi doce"!

Pois non é certo!

Os mosquitos pican a unhas persoas e non a outras debido a varios factores, e non che picaron a ti porque o teu sangue sexa mais ou menos doce.

A afirmación que di que "os mosquitos pican mais ás persoas que teñen o sangue doce" é un bulo ou un mito que moitas persoas incorporan ás súas crenzas sen pensar se é certo ou non.

Como ben sabes, a mellor maneira de coñecer se unha afirmación deste tipo é certa ou non é achegarse á ciencia utilizando fontes de información fiables.

E iso é o que deberás facer agora.

Tes un pequeno reto para facer a continuación:

Deberás procurar información sobre este mito ou bulo e elaborar unha pequena táboa na que indiques cales son os factores que están directamente relacionados co feito de que os mosquitos piquen a unhas persoas e a outras non.

A continuación tes un exemplo de como elaborar a túa táboa; nela aparece, a modo de exemplo, un dos factores que están relacionados co feito que vas investigar.

Non esquezas inserir, na columna da dereita, a fonte (bibliografía e/ou webgrafía) que utilizaches para elaborara a túa táboa.

Factor Bibliografía/Webgrafía
O tipo de grupo sanguíneo (grupo A, B, AB ou 0)

Lectura facilitada

Hai quen di que os mosquitos pican ás persoas que teñen o sangue doce.

Pero non é certo.

Os mosquitos pican a diferentes persoas por diferentes causas.

De feito, ter o sangue mais ou menos doce non fai que os mosquitos piquen mais ou menos.

Para comprobar cal é a razón real temos que ir procurar as respostas na ciencia, en fontes científicas rigorosas.

Procura información sobre este tema en Internet e fai unha pequena listaxe con tres razóns polas que os mosquitos pican a unhas persoas e as outras non.

Lembra utilizar fontes de información fiables e con rigor científico.

Apoio visual

Mosquito picando pel humana

Feito con eXeLearning (Nova xanela)