Saltar navegación

2.3. Son tres!

 

Glosario

Nutrición

Pirámide alimenticia

Definición:

Función vital grazas á que os seres vivos poden obter materia e enerxía para manterse con vida.

Exemplo:

Unha boa e equilibrada nutrición favorece a saúde.

Nutrición autótrofa

Planta

Definición:

Forma de nutrición mediante a que os seres vivos son quen de fabricar materia orgánica a partir de inorgánica.

Exemplo:

As plantas son autótrofas porque sintetizan materia orgánica a partir de sales minerais e auga mediante un proceso chamado fotosíntese.

Nutrición heterótrofa

Vaca

Definición:

Forma de nutrición mediante a que os seres vivos obteñen materia e enerxía a partir de materia orgánica procedente doutros seres vivos.

Exemplo:

Os animais herbívoros son heterótrofos xa que obteñen materia e enerxía da herba que toman como alimento (que tamén é materia orgánica).

Relación

Serpe

Definición:

Función vital mediante a que os seres vivos son quen de responder aos estímulos (externos e internos).

Exemplo:

As serpes poden detectar a presencia dunha posible presa grazas a unha serie de estruturas sensoras que teñen na lingua.

Reprodución

Nido

Definición:

Función vital mediante a que os seres vivos poden dar lugar a novos individuos.

Exemplo:

As aves e moitos réptiles dan lugar a novos descendentes a partir de ovos que darán lugar a novos individuos.

Reprodución asexual

Estrela de mar

Definición:

Forma de reprodución na que, a partir dun único individuo proxenitor, fórmanse descendentes idénticos.

Exemplo:

As estrelas de mar son organismos acuáticos que se reproducen por fragmentación.

Reprodución sexual

Peixes

Definición:

Forma de reprodución na que, a partir de dous individuos proxenitores, fórmanse descendentes diferentes e con características intermedias entre as dos seus proxenitores.

Exemplo:

Os peixes teñen fecundación externa e reprodúcense de forma sexual mediante a unión do gameto masculino e o feminino.

Funcións vitais

Os seres vivos levan a cabo tres funcións vitais de forma coordinada que lles permiten manterse con vida. 

Funcións vitais

Nutrición  Función de nutrición

Función vital grazas á que os seres vivos poden obter materia e enerxía para manterse con vida.

Relación  Función de relación

Función vital mediante á que os seres vivos son quen de responder aos estímulos (externos e internos).

 Reprodución  Función de reprodución

Función vital mediante á que os seres vivos poden dar lugar a novos individuos.

Lectura facilitada

Os seres vivos levan a cabo tres funcións vitais.

  • Función de nutrición
    Os seres vivos obteñen materia e enerxía para manterse con vida.
  •   Función de relación
    Os seres vivos responden aos estímulos.
  •    Función de reprodución
    Os seres vivos poden dar lugar a novos individuos.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)