Presentación da nosa granxa
Xa finalizamos o reto! Levounos traballo!
Conseguimos facer unha granxa cunha gran variedade de animais.
Sabemos agora que os animais se clasifican en varios grupos.
Fomos quen de lograr atopar varios animais de cada grupo e evitar a súa posible desaparición.
Na seguinte imaxe a modo de resumo podemos ver os diferentes grupos de animais:
Agora, por grupos, ensinaremos o noso traballo. Faremos unha presentación na pantalla da aula dos animais de cada tipo escollidos por nos.
Faremos partícipes á comunidade do noso gran logro. Salvamos a diversidade animal de maneira virtual!
O noso reto está superado e é tempo de compartir o éxito alcanzado.
Lectura facilitada
Levounos traballo!
Conseguimos facer unha granxa cunha gran variedade de animais.
Sabemos agora que os animais se clasifican en varios grupos.
Fomos quen de lograr atopar varios animais de cada grupo e evitar a súa posible desaparición.
Por grupos, ensinaremos o noso traballo.
Faremos unha presentación na pantalla dos animais escollidos.
Conseguimos un gran logro!
Salvamos os animais!

