Saltar navegación

1.2. Fagamos unha granxa virtual

Para conservar o primeiro é coñecer!

Como persoa colaboradora dos ODS 2030 ímonos centrar agora na consecución do ODS_15 que fala sobre a necesidade de deter a perda de biodiversidade.

Ao longo deste proxecto aprenderás as características dos animais, e poderás seleccionar aquelas que consideres máis importantes para lograr a túa misión.

Deter esa perda está nas nosas mans! Seremos quen de conseguir a elaboración dunha granxa virtual, dunha base de datos suficiente que garanta a conservación de a lo menos un ou varios animais característicos de cada grupo?

Lectura facilitada

Obxectivo 15, necesidade de deter a perda de biodiversidade.

Aprenderás as características dos animais.

Seleccionarás aquelas que consideres máis importantes.

Deter esa perda está nas nosas mans!

Elaboraremos unha granxa virtual.

Unha base de datos que garanta a conservación dos animais característicos de cada grupo.

A polo reto!

Seredes quen de elaborar unha granxa virtual con todos os grupos de animais vertebrados e invertebrados.

Para isto seguiremos estes pasos:  

Creación dunha granxa virtual

Pictograma de traballar en grupo 1º Creación de grupos de investigación dos diferentes tipos de animais

Crearedes pequenos grupos de especialistas nos diferentes tipos de animais e onde podemos atopalos.

Pictograma de documentación informativa  2º Elaboración da documentación informativa

Elaboraredes os diferentes grupos de animais, diferenciando entre vertebrados e invertebrados, así como as súas características e condicións do lugar onde viven (hábitat).

 Traballar no ordenador 3º Creación das tarxetas identificadoras de cada animal

Cada tarxeta contará cunha breve descrición do animal, grupo a quen pertence, tipo de nutrición, onde vive e como se reproduce, así como un código QR de ampliación de coñecementos sobre el.

Exemplo ficha animal

Lectura facilitada

Elaboración dunha granxa virtual con todos os grupos de animais vertebrados e invertebrados.

Seguiremos estes pasos: 

 1º Creación de grupos de investigación

Crearedes grupos de especialistas nos diferentes tipos de animais.

  2º Elaboración da documentación informativa

Elaboraredes os diferentes grupos de animais.

  3º Creación das tarxetas identificadoras de cada animal

Cada tarxeta contará cunha descrición do animal e un código QR de ampliación de coñecementos.

Cal é a meta deste reto?

Unha vez teñas este reto resolto, serás capaz de:

Bandeira de meta
  • Coñecer as diferenzas entre animal vertebrado e invertebrado.
  • Saber diferenciar entre os diferentes grupos de animais e as súas características principais.
  • Ser consciente da biodiversidade do reino animal.
  • Contextualizar dita biodiversidade no medio natural, tendo en conta a importancia das relacións entre todos os compoñentes dos ecosistemas nos que habitan. 
  •  Comprender a necesidade de poñer en valor as medidas de conservación dos nichos ecolóxicos e das especies que os forman.
  • Realizar unha investigación científica e a súa divulgación.

Lectura facilitada

Ao final do reto, serás capaz de:

  • Diferenciar entre animal vertebrado e invertebrado.
  • Coñecer diferentes grupos de animais.
  • Ser consciente da biodiversidade do reino animal.
  • Comprender as medidas de conservación.
  • Realizar unha investigación científica.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)