Percorrido que fai a materia nun ecosistema como consecuencia das relacións tróficas que teñen lugar entre os seres vivos que forman a súa comunidade.
Exemplo:
O ciclo do carbono.
Nivel trófico
Definición:
Todos os seres vivos dun ecosistema que comparten a mesma estratexia de alimentación están no mesmo nivel trófico.
Exemplo:
As vacas son consumidores herbívoros que se alimentan de plantas. Están no nivel trófico dos consumidores primarios.
Rede trófica
Definición:
Relacións de alimentación que se establecen entre os seres vivos. Grazas ás relacións tróficas, a materia e a enerxía circulan polos ecosistemas.
Exemplo:
O rato come o millo e ao rato cómeo a serpe.
Importancia ecolóxica dos animais
Todos os seres vivos forman parte da Biosfera e levan a cabo importantes funcións na Terra.
A Terra é a Ecosfera ou ecosistema global no que habitamos.
Como todos os ecosistemas, a Ecosfera está formada por unha parte viva (todos os seres vivos que constitúen a Biosfera), unha inerte (a Atmosfera, a Hidrosfera e a Xeosfera) e as interaccións ou relacións que teñen lugar entre todos os seus compoñentes.
Todos os seres vivos que forman a Biosfera relaciónanse desde o punto de vista da súa posición nas cadeas tróficas.
Pódense clasificar nos seguintes grupos:
Produtores: son os seres vivos fotosintéticos; por exemplo, as algas e as plantas.
Consumidores: son os seres vivos herbívoros (consumidores primarios), carnívoros (consumidores secundarios) e supercarnívoros (consumidores terciarios); por exemplo, os animais.
Descompoñedores: son os seres vivos que son quen de descompoñer (transformar) os restos de todos os organismos nos seus compoñentes mais sinxelos para que os produtores os poidan transformar de novo mediante a fotosíntese. Son bacterias e fungos no medio terrestre. No medio acuático son bacterias.
Grazas a este último tipo de organismos péchase o ciclo da materia nos ecosistemas (dise que reciclan a materia).
Lectura facilitada
A Terra é a Ecosfera ou ecosistema global no que habitamos.
Está formada por unha parte viva, a Biosfera.
Unha inerte, a Atmosfera, a Hidrosfera e a Xeosfera.
E as relacións que teñen lugar entre todos os seus compoñentes.
Os seres vivos que forman a Biosfera clasifícanse en:
Produtores: son os seres vivos fotosintéticos, as algas e as plantas.
Consumidores: son os seres vivos herbívoros, carnívoros e omnívoros, os animais.
Descompoñedores: transforman os restos de todos os organismos nos seus compoñentes mais sinxelos. Son bacterias e fungos. Reciclan a materia).
Audio
Imos ao diario
Reflexiona no teu diario de aprendizaxe sobre a gran variedade de animais que acabamos de descubrir.
Sorprendeuche a gran variedade de tipos de animais?