Saltar navegación

1. A Terra. O fogar dos animais

 

Glosario

Biodiversidade

Selva

Definición:

So as distintas formas de vida dun ecosistema, incluso do conxunto presente na Terra. Polo xeral refírese á riqueza de especies dun ecosistema.


Exemplo:

Na selva tropical existe unha gran biodiversidade.

Ecosistema

Ecosistema mariño

Definición:

Un ecosistema é un sistema biolóxico constituído por unha comunidade de organismos vivos e o medio físico onde se relacionan.


Exemplo:

O meu acuario é un ecosistema dentro da miña casa.

Nicho ecolóxico

Pez Payaso y Anémona

Definición:

É a capacidade das especies de vivir baixo unhas condicións ambientais concretas.


Exemplo:

Os nichos ecolóxicos diferéncianse polo uso de recursos das especies que coexisten.

Vertebrados e invertebrados

Espiña dorsal

Definición:

Os vertebrados son aqueles animais que teñen espiña dorsal con vértebras no seu interior e invertebrados os que carecen dela.

Exemplo:

Os cans e os humanos somos animais vertebrados mentres que os vermes son invertebrados.

Misión Salvar os animais

A Terra está enferma!

As condicións ambientais do noso planeta están cambiando, a un ritmo, cada vez máis rápido. A culpa reside na especie humana, ese grupo de animais que logrou conquistar todos os ecosistemas posibles, e unha vez instalado, modificou as condicións dun xeito tal, que o resto de especies ten moi difícil a súa supervivencia.

Contaminación

Nun intento de salvar a meirande parte de especies, ponse en marcha un macroproxecto planetario: seleccionar un grupo de animais que manteñan a biodiversidade terrestre e mariña. No caso de non poder continuar vivindo sobre a Terra, intentase reproducir noutro planeta as mesmas condicións, e conseguir volver, unha vez estivese recuperada.

Acaban de seleccionarte como unha das persoas científicas e colaboradoras para este macroproxecto. A túa misión: escoller un animal vertebrado ou invertebrado, e facer a ficha para súa catalogación dentro dese grupo de “escollidos” para a supervivencia da biodiversidade.

Ao longo deste proxecto aprenderás as características dos animais, e poderás seleccionar aquelas que consideres máis importantes para lograr a túa misión.

Empezamos! Entón, como imos conservar os animais?

Lectura facilitada

O noso planeta está cambiando moi rápido.

A culpa é da especie humana.

Os humanos conquistaron todos os ecosistemas.

 O resto de especies ten moi difícil a súa supervivencia.

Imos salvar ás especies entre todos.

Seleccionaremos un grupo de animais que manteñan a biodiversidade terrestre e mariña.

Vas ser unha das persoas colaboradoras.

A túa misión: fichar un animal vertebrado ou invertebrado.

Empezamos! Entón, como imos conservar os animais?

Que vas aprender?

Ao longo deste recurso aprenderás a:  

  • Coñecer e saber diferenciar entre os grupos de animais e as súas características principais.
  • Ser consciente da biodiversidade do reino animal.
  • Contextualizar dita biodiversidade no medio natural, tendo en conta a importancia das relacións entre todos os compoñentes dos ecosistemas nos que habitan.
  •  Comprender a necesidade de poñer en valor as medidas de conservación dos nichos ecolóxicos e das especies que os forman.
  • Realizar unha investigación científica e a súa divulgación.

Lectura facilitada

Ao longo deste recurso aprenderás a:  

  • Diferenciar os grupos de animais.

  • Ser consciente da biodiversidade do reino animal.

  • Entender a importancia das relacións entre todos os compoñentes dos ecosistemas.

  • Comprender a importancia da conservación.

  • Realizar unha investigación científica e a súa divulgación.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)