Unha guía paso a paso
Aínda que nos seguintes apartados explicaremos con detalle cada paso da construción da nosa granxa virtual. Aquí tedes unha guía dos pasos que imos seguir para a elaboración das tarxetas de cada animal. O conxunto desas tarxetas será o fin do noso reto: A granxa virtual.
Programa para a elaboración das fichas
Empregaremos a aplicación de presentación de diapositivas de LibreOffice, o Impress. Deste xeito faremos unha presentación da nosa granxa na pantalla e imprimiremos as tarxetas para utilizalas coma se fosen cromos coleccionables.
Título.
Unha vez escollido o animal sobre o que imos traballar o colocamos como título, tanto o nome común como o científico.
Imaxe representativa
Buscaremos unha imaxe do animal, para iso empregaremos bancos de recursos que permitan o uso libre da mesma. Ollo cos créditos!!
Información
Escribiremos a información mais importante seguindo as indicacións do reto.
Ampliación de coñecementos. QR
Seguindo as instrucións que tes no apartado de creación das tarxetas crearemos un código QR de ampliación de coñecemento que leve á ligazón da Wikipedia de dito animal.
Xa temos un exemplo de elaboración dunha ficha de animal. Cantas máis fagamos máis grande será a nosa granxa.
Lectura facilitada
Aquí tedes unha guía dos pasos que imos seguir para a elaboración das tarxetas de cada animal.
O conxunto desas tarxetas será o fin do noso reto: A granxa virtual.
1. Programa para a elaboración das fichas
Empregaremos a aplicación de presentación de diapositivas de LibreOffice, o Impress.
Deste xeito faremos unha presentación da nosa granxa na pantalla.
Imprimiremos as tarxetas para utilizalas coma se fosen cromos coleccionables.
2. Título.
Unha vez escollido o animal o colocamos como título.
Tanto o nome común como o científico.
3. Imaxe representativa
Buscaremos unha imaxe do animal.
Empregaremos bancos de recursos que permitan o uso libre da mesma.
Ollo cos créditos!!
4. Información
Escribiremos a información mais importante seguindo as indicacións do reto.
5. Ampliación de coñecementos. QR
Crearemos un código QR de ampliación de coñecemento que leve á ligazón da Wikipedia de dito animal.
Xa temos un exemplo de elaboración dunha ficha de animal.
Cantas máis fagamos máis grande será a nosa granxa.




