Escollemos a nosa actividade
En grupos, imos realizar unha das dúas actividades a continuación. Escollede a que máis vos guste.
En grupos, imos realizar unha das dúas actividades a continuación. Escollede a que máis vos guste.
En grupos, escollede un artigo ou un capítulo dalgún libro que queirades analizar, lede atentamente e completade a táboa:
| Referencia bibliográfica | Anota a fonte, incluíndo autor, título, editorial, ano publicación e incluso a ligazón hipervinculada. |
|---|---|
| Palabras clave | Palabras clave para atopar información relacionada. |
| Idea principal | Unha oración curta e clara que resuma o contido. |
| Citas textuais | Escribe os fragmentos significativos que sexan dignos de ser lidos textualmente. |
| Resumo breve: | Aprox. entre 5 e 10 liñas cos puntos clave o a información útil. |
| Comentarios ou observacións | Calquera anotación ou comentario que se queira facer para ampliar información ou clarificar. |
Podedes descargar este documento modelo en formato ODT ou PDF
Despois collede papel e bolígrafo e elaborade un texto informativo sobre os datos que reunistes.
Poñédevos tamén por grupos e facede un pequeno traballo de investigación sobre a celebración do día das letras galegas.
Buscade as dez últimas persoas homenaxeadas No Día Das Letras Galegas, engadindo a súa maior contribución á lingua e as razóns polas que recibiron homenaxe.
Buscade dúas informacións clave de cada unha delas. Podes usar buscadores de Internet ou enciclopedias. Así aprenderedes a discernir entre fontes fiables e relevantes. Unha vez que encontredes a información relevante, apuntaredes nunha táboa os seguintes datos:
| Fonte de onde provén | libro, web, artigo... |
|---|---|
| Autor/a | |
| Título | |
| Ano publicación | |
| URL | |
| Texto da cita completa | "texto entre comiñas" |
Podedes descargar este documento modelo en formato ODT ou PDF.
Finalmente, cos datos recollidos da táboa, collede bolígrafo e papel e redactade un pequeno texto argumentativo para que quede todo cohesionado e poder ler en voz alta aos demáis grupos. Cómpre levar este traballo porque citar correctamente as fontes é fundamental para evitar o plaxio.
Agora é o momento de comprobar individualmente os teus coñecementos sobre os tipos de textos que estudaches. Elixe a opción que prefiras para poñerte a proba.
A ver que recordas dos textos argumentativos. Le as frases e escribe nos ocos.
Vas facer este exercicio para entender mellor cales son as diferentes partes dun texto argumentativo.
Le o texto e completa arrastrando as palabras que faltan.
Análise dun exemplo de texto argumentativo.
@@Introdución@@:
Chámome Alicia e son unha nena de 10 anos que estudo 5º de educación primaria. Sempre que podo vou doar sangue porque é moi importante facelo para axudar os demais.
@@Desenvolvemento@@:
Non sei se sabedes que doar sangue significa que unha persoa dá un pouquiño do seu sangue para axudar a outras persoas que están enfermas ou que tiveron un accidente. Ademais, o sangue é moi importante porque leva osíxeno e nutrientes ao noso corpo. É como un superheroe que axuda a que todo funcione ben e é como compartir a túa comida con alguén que ten fame.
@@Conclusión@@:
Non o pensedes máis...se alguén necesita sangue ide doala porque podedes salvar moitas vidas e é o mellor que se pode facer!
Le o seguinte. Cada texto corresponde a un tipo de texto informativo distinto. Selecciona o que sexa o adecuado.
Como xa aprendiches sobre os textos de opinión, escolle un tema de interese sobre o que queiras opinar. Recolle toda a información que precises a través da Rede e elabora un documento no que plasmes a túa opinión. Podes usar o modelo que tes a continuación se queres:
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0