Paso 1: Deseñamos

Imos ter o enorme privilexio de ver nacer un concello! Está saíndo do ovo!
O primeiro paso para acadar este primeiro reto será tomar decisións en equipo sobre cuestións fundamentais:
Onde?

- O noso concello é de costa ou de interior?
- Está nunha chaira ou nunha montaña alta?
Cando e quen?

- Cal é a orixe do noso concello?
- Quen o fundou?
- Cando se fundou?
Cantas?

- Cantas parroquias ten o noso concello?
- É un concello maioritariamente rural (unha vila e moitas aldeas)?
- É un concello urbano (unha gran cidade e a súa área metropolitana)?
Como se chama?

Cando nace algo sempre se lle pon un nome. Nós imos pór nome ao concello e a todos os seus elementos: parroquias, lugares, ríos, montañas. Lembra o que xa vimos da toponimia e como a orografía inflúe nos nomes dos lugares.




