Para acadar a maioría dos retos é preciso que traballemos en equipo para aproveitar o que mellor se lle dá a cada un/unha de nós. Nesta fase do REA traballaremos en equipos de catro compañeiros e compañeiras nos que distribuiremos os roles de maneira que cada quen teña atribuídas unhas funcións. En calquera caso estes roles son orientativos: todos e todas debemos colaborar en todos os traballos e ir rotando de maneira que poidamos coñecer o traballo desde diferentes puntos de vista.
Para acadar este reto precisaremos asumir os seguintes roles:
Filóloga ou filólogo
Deberá:
- Dirixir os traballos de elección dos topónimos.
- Dirixir a creación os xentilicios para eses topónimos.
- Organizar o textos que se van publicar.
Xeógrafa ou xeógrafo
Deberá:
- Dirixir a elaboración do mapa do concello.
- Situar os diferentes elementos de poboación e relevo.
Historiadora ou historiador
Deberá:
- Coordinar o traballo de redacción dunha breve historia do noso concello.
Deseñador ou deseñadora
Deberá:
- Coordinar os traballos de elaboración dos textos en Agueiro.
- Facilitar os códigos QR que enlacen coa información.
Xornalista
Deberá:
- Coordinar a redacción dos textos do folleto informativo sobre o noso concello imaxinario.
- Coordinar a redacción do texto argumentativo dirixido ao goberno municipal.