Saltar navegación

As ideas son de todos

Colaborando e respectando as ideas dos demais

Grupo de homes e mulleres arredor dunha mesa redonda de cores

Ola rapaces e rapazas!

Imos realizar algunhas actividades de forma individual, moi divertidas e que vos axudarán a expresar as vosas ideas e a escoitar as dos demais.

Primeiro cada un terá a oportunidade de crear un cartel coas normas para un correcto debate. Despois debuxar algunha viñeta cun problema por resolver, usando sempre a tolerancia e o respecto. E por último, imos afondar sobre a importancia dos roles nun debate.

Todo este quecemento faranos aprender moitas destrezas para posteriormente traballar de forma efectiva en grupo.

Alá imos valentes!

Lectura facilitada

Imos realizar algunhas actividades que vos axudarán a mellorar o traballo en grupo. Crearemos un cartel coas normas dun debate e despois faremos un cómic cun problema a resolver.

Opción A. Crear un cartel de normas sobre un debate

Normas

Esta actividade consiste en crear un cartel coas normas básicas que debe ter un debate. As normas deben explicar a importancia de ser respectuoso, non interromper, escoitar atentamente, pedir e respectar a quenda de palabra…

Cando o cartel xa estea rematado, pódese pór nun lugar visible da aula para que todo o alumnado o teña presente. Ademais de servir de recordatorio, se durante a consecución do traballo se cométese algunha falta, enseguida se pode apuntar para as normas e todos se darán conta do erro cometido.

Lectura facilitada

Esta actividade consiste en crear un cartel coas normas básicas dun debate. Normas como: ser respectuoso, non interromper, escoitar atentamente, respectar a quenda de palabra etc.

O cartel colocarase nun lugar visible da aula para servir de recordatorio e referencia durante o debate.

Escala autoavaliación para o cartel coas normas dun debate

Seguidamente podes visualizar a escala para a autoavaliación do cartel. Descarga en ODT e descarga en PDF.

Escala de autoavaliación do cartel coas normas do debate

Opción B. Debuxa a túa viñeta

Cómic

Imos facer un pequeno cómic representando unha conversa respectuosa.

En primeiro lugar pensa en dúas persoas que falen sobre un mesmo tema pero que teñan posturas diferentes. Fai un pequeno borrador aproximado antes de comezar a debuxar e a escribir.

Seguidamente fai varias viñetas debuxando os personaxes e escribindo as súas frases. Procura que as ilustracións sexan claras e as frases sinxelas e concretas. Non esquezas colorear ben para darlle viveza e repasar con negro o texto para resaltar o diálogo.


Como soporte podes usar o que desexes: unha folla de papel, un caderno, descargar o modelo que proporcionamos ou tamén facelo nun editor de cómics.

Por último, describe en voz alta a situación representada nas túas viñetas e como lograron chegar a unha solución mediante unha conversa respectuosa e valorando a opinión da outra persoa.

Ferramenta dixital, contando coa aprobación do teu mestre ou mestra como Make Beliefs Comix

Modelo de cómic

Modelo en ODT e PDF.

Lectura facilitada

Imos facer un pequeno cómic representando unha conversa respectuosa.

Primeiro, pensa en dúas persoas con posturas diferentes sobre un mesmo tema e en segundo lugar debuxa varias viñetas para representar o suceso.

Finalmente, describe en voz alta a situación representada e como lograron chegar a unha solución mediante unha conversa respectuosa.

Escala autoavaliación dun cómic

Escala para avaliar o cómic en ODT e PDF.

Escala de autoavaliación do cómic

O valor do traballo en equipo

Pezas de figuras humanas entrelazadas amosando diversidade

Traballar en equipo ofrécenos a oportunidade de combinar as nosas ideas, habilidades e talento adquirido para lograr un traballo destacado.

Cada membro dun equipo é unha peza importante, e ao unir formas podemos lograr resultados asombrosos. Isto é o que representa a imaxe anterior: a unión fai a forza e sempre axuda a que avancemos.

Avancemos!

Lectura facilitada

Traballar en equipo ofrécenos a oportunidade de combinar as nosas ideas, habilidades e talentos adquiridos, o que nos permite lograr un traballo destacado.

Actividades grupais: control de voz e dilemas morais

Esta actividade combina dúas dinámicas grupais para que aumentedes as vosas habilidades á hora de debater: a primeira consiste en controlar a intensidade do ton de voz e escoitar activamente; a segunda, en traballar con diversos dilemas morais, é dicir, vaise presentar unha situación problemática onde cómpre buscar a mellor solución posible.

Adiante!

Lectura facilitada

Esta actividade combina dúas dinámicas grupais para mellorar as vosas habilidades de debate: control do ton de voz, escoita activa, e traballo con dilemas morais para buscar as mellores solucións posibles.

Barullo Controlado. Modula a intensidade do teu ton

Imos xogar a: Barullo Controlado, é dicir, imos xogar a controlar o noso ton de voz:

Lectura facilitada

"Barullo Controlado": cada estudante le en voz alta un fragmento de texto dado polo docente, sumándose outro novo lector cada 4 liñas.

Todos os participantes deben adestrar e modular o seu ton de voz durante a actividade.

Escala autoavaliación Barullo Controlado

Modelo descargable en ODT e PDF.

Escala de autoavaliación de Barullo Controlado

Dilemas morais: iniciamos o debate

Seguidamente preséntanse diversas situacións hipotéticas que nos farán pensar.

Escolle e le os seguintes dilemas morais e reflexiona.

Escolle e le os seguintes dilemas morais e reflexiona.

O roubo da mazá 

Un neno ten fame e rouba unha mazá da tenda da escola.

Está ben roubar se é por necesidade?

A mentira piadosa 

Unha nena ve que a súa amiga ten un xoguete novo que realmente lle gusta.

Para conseguir o xoguete, dille á súa amiga que tamén ten un igual na casa.

Está ben mentir neste caso?

A axuda a un estraño 

No camiño á escola, un neno ve que unha persoa maior caeu e precisa axuda.

Debe pararse a axudar aínda que chegue tarde á clase?

O coidado das mascotas 

Unha nena ten unha mascota que require moito coidado e atención.

Con todo, ás veces esquece alimentala ou limpar a súa gaiola.

Está ben que descoide a súa mascota?

Compartir os xoguetes

Dous irmáns pelexan por xogar co mesmo xoguete.

Deberían turnarse
Conviría que o compartisen por quendas
ou un deles debería ceder e deixar que o outro o use?

Repartir os cinco dilemas entre os grupos de estudantes. O alumnado debe debater, identificando o problema e achegando solucións razoadas.

As persoas moderadoras, tanto mestres como estudantes, guían o debate, fomentando o respecto polas opinións contrarias e a expresión de ideas de forma pausada e amable.

Lectura facilitada

O alumnado terá que valorar e argumentar a mellor solución ante uns dilemas morais presentados. Algúns exemplos achegados para valorar son: o valor de dicir a verdade, o valor de compartir ou se está ben roubar por necesidade.

Escala de autoavaliación Dilemas Morais

Descargar o modelo en ODT ou en PDF.

Escala de autoavaliación de Dilemas Morais

Lectura recomendada

Recomendamos a seguinte lectura: Solar, M. Quokka Moka. Xerais 2019.

Outra das escritoras de referencia no eido infantil. Libro cun humorístico e orixinal relato para ler de 9 anos en adiante, de pracenteira lectura, protagonizado polos únicos animais do mundo que sempre sorrín, aínda que algún exemplar, como o do libro, teña mala idea. Unha fábula de superación co transfondo do respecto ás demais persoas; unha lectura que, máis alá da súa aparencia infantil, achega unha mensaxe que serve para os adultos, algo que sucede cada vez máis.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)