Saltar navegación

4.2. Coñece...

Elaboramos un texto informativo sobre o noso concello

Xa temos creado e situado o noso concello. Agora é o momento de documentar toda a información de interese para dalo a coñecer e conseguir visitantes e novos veciños e veciñas. 

Cando buscamos algún lugar para visitar ou temos que elixir un lugar onde vivir, buscamos información sobre ese lugar. Esa información que buscamos é un texto informativo que de maneira clara e sinxela nos vai proporcionar os datos que precisamos.

Neste caso nós somos os encargados de crear ese texto informativo que sirva de guía para aquelas persoas que nos visiten ou nos escollan como lugar onde vivir. Trátase de que elaboredes a información do noso concello partindo da táboa que vos presentamos a continuación (e que podedes descargar en formato PDF premendo sobre a imaxe).

Imaxe do documento base para elaborar un texto informativo

Podes descargar o documento en ODT desde aquí.

Exemplo

Preme na seguinte ligazón para ver a páxina da Galipedia do Concello de Teo

Rúbrica de avaliación

Preme na imaxe para ver a rúbrica de avaliación do reto número 2.

Rúbrica para avaliar o texto informativo

Podes descargala en ODT premendo aquí.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)