Saltar navegación

1. Un lugar para vivir...

 

Glosario

Rural

Pobo

Definición:

Zona residencial normalmente con pouca poboación composta de casas e terras de labranza.

Exemplo:

Luisa mudouse ao rural buscando a tranquilidade e fuxindo da estresante cidade.

Topónimo

Indicador

Definición:

Nome de lugar, vila, cidade.

Exemplo:

Carballo é un topónimo que ten a súa orixe nunha árbore.

Xentilicio

Nena

Definición:

Nome que se lle dá aos habitantes dun lugar.

Exemplo:

O xentilicio de Vigo é vigués ou viguesa.

Eu vivo en...

Imaxe dunha vila pequena

Como é o lugar onde vives? Pode que sexa unha zona rural con casas pequenas illadas ou unha vila con edificios grandes. En calquera caso seguro que tés veciños e veciñas cos que falas de maneira habitual. Seguro que nese lugar hai moitas cousas que che gustan: seguro que hai algún espazo para que os rapaces e rapazas xoguedes, seguro que se organizan actividades culturais e deportivas que a ti che interesan. Pero ao mellor tamén hai cousas que non che gustan ou que pensas que deberían mellorar. Pensa, seguro que atopas algo.

Lectura facilitada

Como é a túa vila?

Tes veciños e veciñas.

Hai cousas que che gustan.

Tes espazos onde xogar, como parques.

Tamén tes actividades deportivas e culturais para disfrutar.

Ás veces hai cousas que non che gustan da túa vila.

Temos que pensar no que non nos gusta.

Intentaremos melloralo xuntos.

Que vas aprender?

1. Aprender a redactar textos informativos e de opinión.
2. Empregar textos argumentativos nun debate.
3. Coñecer os xentilicios do lugar onde vives.
4. Coñecer algúns dos topónimos máis habituais do lugar onde vives.
5. Comunicarte co concello da túa localidade.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)