Argumentamos, informamos e opinamos?
Argumentamos?
Un texto argumentativo está estruturado para presentar e defender unha opinión ou tese sobre un tema específico. As principais partes dun texto argumentativo son as seguintes:
Introdución
Introdúcese o tema que se vai tratar e preséntase a opinión ou postura que se vai defender ao longo do texto. Pódese incluír unha declaración do obxectivo do texto e a importancia do tema.
Desenvolvemento
Explícase con argumentos o que se pretende comentar e proporciónanse datos, estatísticas, exemplos e outros tipos de evidencias para apoiar cada argumento.
Conclusión
Resúmense os puntos principais do desenvolvemento, reafírmanse os argumentos presentados e pódese incluír unha reflexión final.
Lectura facilitada
As partes dun texto argumentativo son as seguintes:
1. Introdución: Introdúcese o tema que se vai tratar.
2. Desenvolvemento: explícase con argumentos o que se pretende comentar.
3. Conclusión: resúmense os puntos principais do desenvolvemento.
Audio
Informamos?

O texto informativo expresa un tema de forma obxectiva coa finalidade de transmitir información polo que a súa intención é informar dun tema en concreto.
Xa sabedes que un dos retos é elaborar un folleto informativo sobre o noso concello polo que tede moi en conta o que é un texto informativo e os tipos de textos para poder elaboralo.
Teñen unha serie de características como son:
- Os textos son obxectivos. Non inclúen emocións, sensacións ou puntos de vista persoais. A información é veraz e rigorosa.
- Achéganse moitos detalles para explicar as cousas.
- O que se pretende informar ten unha orde para que se entenda ben.
- Achéganse exemplos con ilustracións para facelo máis atractivo.
- Resáltase o importante, con cores, maiúsculas, subliñados, grosa.
- Complétase a información con imaxes, gráficos ou con vídeos.
- Na redacción emprégase unha linguaxe clara, impersoal, preciso, directo.
Hai diferentes tipos de textos informativos:
Noticia

Relata un acontecemento, un suceso, un feito real e importante de interese social. Podémola atopar en xornais, en revistas (en papel e dixitais), na televisión, en radio etc.
Estrutura:
- Titulo: breve descrición.
- Corpo: desenvolvemento da noticia; acompañase de imaxes. Responderá as seguintes preguntas:
- Cando ocorreu? Día, mes, hora, a semana pasada etc.
- Cando ocorreu? Día, mes, hora, a semana pasada etc.
-
- Onde ocorreu? Galicia, España, nun parque, na casa etc.
- Onde ocorreu? Galicia, España, nun parque, na casa etc.
-
- Que ocorreu? Un concurso, una festa, una visita, un exame etc.
- Que ocorreu? Un concurso, una festa, una visita, un exame etc.
-
- Houbo implicados? Citarase os protagonistas da información.
-
- Como ocorreu? Contar como foi o suceso.
-
- Por que ocorreu? Explicar a razón pola que sucedeu.
- Por que ocorreu? Explicar a razón pola que sucedeu.
Receita de cociña

Unha receita de cociña é unha guía detallada que permite preparar un prato específico.
Estrutura:
- Título: nome da receita ou nome do prato.
- Introdución: unha breve descrición do prato, incluíndo a súa orixe, historia ou calquera dato relevante.
- Ingredientes: Unha lista detallada de todos os ingredientes necesarios para a receita, coas súas cantidades exactas. Pódese presentar de diferentes maneiras segundo o tipo de receita.
*Cantidade*: Ex. 200 gramos de fariña.
*Descrición*: Ex. 1 cebola grande, picada.
*Forma de preparación*: Ex. 2 dentes de allo triturados etc.
- Instrucións: pasos detallados para preparar o prato. Deben ser claros e ordenados cronoloxicamente. Incluír tempos de cocción, temperaturas e calquera técnica específica.
Texto divulgativo

O obxectivo é ensinar, explicar ou divulgar información sobre un tema. A finalidade é difundir información e transmitir coñecemento. Pódese encontrar en libros de texto, revistas especializadas, en plataformas de Internet de busca de información etc.
Estrutura:
- Título: nome do tema do que se vai informar. Exemplos: "o Concello, o mar, a fauna e flora etc."
- Introdución: explicación da información relevante.
- Desenvolvemento: expóñense as ideas, características e acontecementos de forma ordenada. Acompañase das imaxes, fotografías, táboas de clasificación, esquemas, gráficos etc.
- Conclusión: resúmese o importante. Pódense dar ideas para investigar e ampliar a información do tema.
Prospecto dun medicamento

Un prospecto dun medicamento é un documento esencial que proporciona información detallada sobre un medicamento para asegurar o seu uso seguro e eficaz. Tamén ten unha serie de partes moi importantes que se resumen a continuación:
Estrutura:
- Nome do medicamento: o nome comercial e, se corresponde, o nome xenérico do medicamento.
- Composición: información sobre os compoñentes do medicamento.
- Forma farmacéutica: descrición da forma en que se presenta o medicamento (tabletas, cápsulas, solución inxectable etc).
- Indicacións: descrición das enfermidades ou condicións para as cales o medicamento está indicado.
- Posoloxía e forma de administración: instrucións detalladas sobre a dose recomendada e a forma correcta de administración.
- Contraindicacións: situacións ou condicións nas cales o medicamento non debe ser utilizado.
- Efectos secundarios: listaxe de posibles efectos secundarios e reaccións adversas que poden ocorrer co uso do medicamento.
Lectura facilitada
O texto informativo expresa un tema de forma obxectiva coa finalidade de transmitir información polo que a súa intención é informar dun tema en concreto.
Teñen algunhas características como:
- Os textos son obxectivos.
- Achéganse moitos detalles.
- O que se pretende informar ten unha orde.
- Resáltase o importante, con cores, maiúsculas, subliñados, grosa.
Hai diferentes tipos de textos informativos:
- Noticia: relata un acontecemento, un suceso, un feito real e importante de interese social.
- Receita de cociña: é unha guía detallada que permite preparar un prato específico.
- Texto divulgativo: o obxectivo é ensinar, explicar ou divulgar información sobre un tema.
- Prospecto dun medicamento: é un documento esencial que proporciona información detallada sobre un medicamento para asegurar o seu uso seguro e eficaz.
Audio
Opinamos?
Os textos de opinión son un tipo de texto escrito onde as persoas que o escriben mostran os seus puntos de vista acerca dun tema en concreto. Estes textos, por norma xeral, aparecen en medios de comunicación como son os xornais ou as revistas. Nestes medios reciben o nome de artigos de opinión.
Todos os textos de opinión empregan a argumentación para construírse. Desta maneira, a persoa autora defenderá as súas ideas acerca dun tema en concreto. Estes temas poden ser moi diversos: deporte, política ou mesmo a economía.
As partes dos textos de opinión teñen algunhas cousas en común cos debates. Contan coas seguintes partes:
Título
Todo texto de opinión precisa ter un título que sexa rechamante para a persoa receptora ou lectora do mesmo.
Introdución
Nesta parte vaise presentar o tema do que van opinar. Adoita ser breve e ten que chamar tamén a atención.
Tese
Aquí as persoas emisoras mostran a súa postura co tema.
Argumentos
Como nos debates, precísanse argumentos ou razoamentos para demostrar a opinión da persoa autora.
Conclusión
Na última parte do texto de opinión móstrase a opinión persoal de quen escribe. Tamén se pode incluír un breve resumo do exposto.
Lectura facilitada
Os textos de opinión son un tipo de texto escrito onde as persoas que o escriben mostran os seus puntos de vista acerca dun tema en concreto.
As partes dos textos de opinión teñen algunhas cousas en común cos debates.
Contan coas seguintes partes:
- Título: todo texto de opinión precisa ter un título que sexa rechamante.
- Introdución: preséntase o tema do que van opinar.
- Tese: as persoas emisoras mostran a súa postura co tema.
- Argumentos: precísanse argumentos ou razoamentos para demostrar a opinión da persoa autora.
- Conclusión: móstrase a opinión persoal de quen escribe e tamén se pode incluír un breve resumo do exposto.
Audio
Recomendación de lectura
![]() |
Cantos tipos de textos existen, verdade? Xa aprendiches moito sobre eles! Animámoste a que leas Rivas, M. O Chispas. (2020). Xerais. A que esperas! |
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0




