5. Rematando
Poñemos en común as propostas
Chegamos á última parte do REA, agora toca facer unha reflexión final e sacar conclusións sobre o traballo realizado por todos os grupos da aula. Imos dividir esta quinta fase en tres partes que nos permitan visualizar o traballo de compañeiros e compañeiras, achegar e recibir as suxestións sobre os traballos.
Expoñemos
Organizamos a exposición dos mapas realizados. Buscaremos un espazo que nos permita compartir o traballo co resto do colexio; para iso colocaremos os nosos traballos no salón de actos ou os corredores do colexio.
Debatemos
Organizamos un debate na aula, seguindo os pasos que xa vimos na fase tres, para escoller as propostas que creemos que son máis interesantes de cara á mellora da vida do concello onde vivimos.
Avaliamos
Empregamos a rúbrica de coavaliación para reflexionar sobre o traballo do resto de grupos.
Audio
Rúbrica
| Excelente | Satisfactorio | Ben | Insuficiente | |
|---|---|---|---|---|
| Deseño do mapa | O deseño do mapa está moi coidado, todos os topónimos son orixinais, creáronse puntos de interese en cada parroquia e están ben documentados con páxinas de Agueiro, ás que se accede desde os códigos QR. (2.5) | O deseño do mapa está coidado, a maioría os topónimos son orixinais, creáronse puntos de interese en cada parroquia e están ben documentados con páxinas de Agueiro, ás que se accede desde os códigos QR. (1.75) | O deseño do mapa é mellorable, algúns dos topónimos son orixinais, faltan puntos de interese en unha ou dúas parroquias e están pouco documentados con páxinas de Agueiro, ás que se accede desde os códigos QR.r (1.3) (1.50) | O deseño do mapa é mellorable, poucos topónimos son orixinais, faltan puntos de interese en máis de dúas parroquias e están mal documentados con páxinas de Agueiro. Os códigos QR non esan ben creados. (1.25) |
| Texto informativo | Desenvólvense todos os apartados do texto de maneira que todos datos están no lugar que lles corresponde seguindo o esquema proposto. (2.5) | Desenvólvense os apartados do texto de maneira que a maioría dos datos están no lugar que lles corresponde seguindo o esquema proposto. (1.75) | Desenvólvense case todos os apartados do texto pero algúns datos non están no lugar que lles corresponde. Non se sigue exactamente o esquema proposto. (1.50) | Non se desenvolven os diferentes apartados do texto. Os datos non están no lugar que lles corresponde e non se segue o esquema proposto. (1.25) |
| Texto argumentativo | No texto deféndense de maneira moi ben argumentada cinco elementos que deberíamos ter no concello onde vivimos. (2.5) | No texto deféndense de maneira ben argumentada catro elementos que deberíamos ter no concello onde vivimos. (1.75) | No texto deféndense tres elementos que deberíamos ter no concello onde vivimos. (1.50) | Non se argumenta ben ningunha das demandas que facemos. (1.25) |
| Exposición | O equipo preparou a exposición do seu traballo e esta realizouse correctamente de maneira que todos os seus membros expuxeron os contidos seguindo un guión sen facer unha lectura dos textos. (2.5) | O equipo preparou a exposición do seu traballo e esta realizouse de maneira que a maoiría dos seus membros expuxeron os contidos seguindo un guión sen facer unha lectura dos textos. (1.75) | O equipo preparou pouco a exposición do seu traballo e esta realizouse de maneira que poucos dos seus membros expuxeron os contidos seguindo un guión sen facer unha lectura dos textos. (1.50) | O equipo non preparou a exposición do seu traballo e esta realizouse de maneira que a maioría dos seus membros fixeron unha lectura rápida dos textos. (1.25) |
| Traballo de equipo | Todos os membros do equipo participaron de maneira activa asumindo en todo momento os roles que lle foron asignados. (2.5) | A maioría membros do equipo participaron de maneira activa asumindo os roles que lle foron asignados. (1.75) | Poucos membros do equipo participaron de maneira activa e asumiron os roles que lle foron asignados. (1.5) | O equipo tivo un funcionamento cheo de tensións e os seus membros non colaboraron de maneira activa na maioría das tarefas. (1.25) |
- Actividade
- Nome
- Data
- Puntuación
- Notas
- Reiniciar
- Imprimir
- Aplicar
- Nova xanela
Último paso polo diario de aprendizaxe

-
Xa remataches este REA e agardamos que che fora entretido e de utilidade. Aproveita este último paso para pechar o teu diario de aprendizaxe e reflectir a túa opinión sincera sobre o proceso de consecución dos retos e sobre a túa participación. Pensa tamén en como avaliaches o traballo dos teus compañeiros e compañeiras.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0
