Os nosos antepasados deixáronnos importantes avances no terreo da medicina.
Bautizar
Definición:
Poñer nome a algo. Vén do acto relixioso de poñer nome.
Exemplo:
Onte bautizaron o meu curmán.
Contorna
Definición:
Espazo que rodea o lugar onde vivimos.
Exemplo:
Na nosa contorna hai moitos espazos naturais de interese.
Sufixos
Definición:
Parte final dunha palabra que cando varía nos permite formar outras.
Exemplo:
Amigas é unha palabra que leva sufixos de xénero é número.
Que son os topónimos?
Como se chama o lugar onde vives? Sabes por que se chama así? A resposta pode darcha a toponimia, que é a ciencia que estuda os nomes cos que identificamos os diferentes espazos.
Os nosos antepasados foron bautizando os lugares nos que habitaban con nomes que naquel momento facían referencia a un ou varios elementos que había naquel espazo. Pode ser que hoxe xa non exista esa relación pero o nome segue perdurando.
As orixes dos topónimos son moi variadas. No seguinte cadro facemos referencia ás máis habituais.
Haxiónimos
Que son?
Son os nomes de lugar que se refiren a santos ou construcións relixiosas.
Exemplos:
San Xurxo de Sacos (Pontevedra), A Capela (A Coruña) ou A Madanela (Ourense).
Zoónimos
Que son?
Son os nomes de lugar que fan referencia a algún animal.
Exemplos:
Lobeira (Ourense), Lagartóns (Pontevedra) ou Boimorto (A Coruña).
Fitónimos
Que son?
Son os nomes de lugar que fan referencia a algunha planta ou árbore.
Exemplos:
O Carballiño (Ourense), O Pino (A Coruña).
Orónimos
Que son?
Son os nomes de lugar que fan referencia á orografía ou ao relevo do terreo.
Exemplos:
Monforte (Lugo), Val do Dubra (A Coruña).
Antropónimos
Que son?
Son os nomes de lugar que teñen nome de persoa.
Exemplos:
Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), As Pontes de García Rodríguez (A Coruña).
Hidrónimos
Que son?
Son os nomes de lugar que se refiren a auga, ríos ou lagos.
Exemplos:
Ribadavia (Ourense), As Lagoas (Ourense).
Topónimos que fan referencia a construcións
Que son?
Son os nomes de lugar que se refiren a construcións feitas pola humanidade.
Exemplos:
A Pontenova (Lugo), Pontevedra.
Lectura facilitada
Os topónimos son os nomes que lle damos aos lugares onde vivimos ou traballamos.
A toponimia é que é a ciencia que estuda os topónimos.
As orixes dos topónimos son moi variadas.
Os haxiónimos fan referencia a construcións relixiosas: por exemplo, A Igrexa.
Os zoónimos fan referencia a nomes de animais: por exemplo, A Raposeira.
Os fitónimos fan referencia a plantas ou árbores: por exemplo, O Carballiño.
Os orónimos fan referencia a formas do relevo: por exemplo, Montefurado.
Os antropónimos fan referencia a persoas: por exemplo, Vilagarcía de Arousa.
Os hidrónimos fan referencia a ríos ou lagos: por exemplo, Ribadavia.
Topónimos que fan referencia a construcións: por exemplo, A Pontenova.
Audio
Aprende os principais topónimos de España
Topónimos e xentilicios
Os xentilicios son adxectivos ou substantivos que indican de que país, cidade ou lugar é unha persoa, un animal ou un obxecto. Por exemplo, galega ou galego sería o xentilicio de Galicia. Fórmanse a partir dun topónimo ao que se lle engade un sufixo.
En galego formamos os xentilicios cos sufixos que se recollen na seguinte táboa.
Lectura facilitada
Os xentilicios son adxectivos ou substantivos que indican de que país, cidade ou lugar é unha persoa, un animal ou un obxecto.