Glosario
Viñeta
-
Definición:
-
Debuxo ou ilustración humorística, con ou sen texto, impreso nun diario, libro etc. Que forma parte dunha serie na que se conta unha historia.
-
Exemplo:
-
As viñetas do xornal de RadioPatio, que se publica os xoves, son moi graciosas.
Quecemento
-
Definición:
-
Conxunto de exercicios físicos que se realizan para desentumecer os músculos antes de realizar outro máis forte. Conxunto de exercicios psíquicos para coller axilidade antes dun reto maior.
-
Exemplo:
-
Antes de poñerse a correr é preciso facer un lixeiro quecemento. Antes de facer o traballo cómpre facer un quecemento de vocabulario.
Dilema
-
Definición:
-
Situación de alguén que se ve forzado a elixir entre dúas solucións, ambas problemáticas.
-
Exemplo:
-
Estou nun dilema: ou acepto as condicións que me poñen ou deixo o traballo.
Situación hipotética
-
Definición:
-
Situación que se funda nunha suposición, presumiblemente certa ou que se supón que o é. Pero polo tanto non é seguro, soamente una suposición.
-
Exemplo:
-
Baseándonos na hipótese de que mañá non chova, iremos á montaña a camiñar.
Tolerancia
-
Definición:
-
Actitude de respecto polas opinións, crenzas ou ideas alleas cando son diferentes ás propias.
-
Exemplo:
-
Na súa conduta demostra unha gran tolerancia cos que non pensan coma el.
Respecto
-
Definición:
-
Sentimento que fai que unha persoa sexa tratada ben e con atención, a pesar de ter diferentes ideas, vestimenta, ideoloxía...
-
Exemplo:
-
Sempre tivo moito respecto polas ideas dos seus adversarios.
Empatía
-
Definición:
-
É a capacidade de entender e compartir os sentimentos dunha outra persoa. Isto significa que cando vemos que alguén está triste, contento, enfadado ou con calquera outra emoción, somos quen de identificar e comprender o que esa persoa está a sentir.
-
Exemplo:
-
Un bo médico debe amosar empatía e capacidade para comprender o paciente.