Glosario
Conciso
-
Definición:
-
Texto curto e coa información concentrada.
-
Exemplo:
-
A exposición do traballo que fixo Manel foi concisa, só dixo o imprescindible.
Divulgativo
-
Definición:
-
Texto oral ou escrito que se crea para transmitir información.
-
Exemplo:
-
Para facer o traballo precisamos un texto divulgativo sobre os deportes de inverno.
Entreter
-
Definición:
-
Divertir, facer que algo resulte ameno.
-
Exemplo:
-
Collín un libro na biblioteca que me resultou entretido.
Linguaxe creativa
-
Definición:
-
Linguaxe que emprega moitos recursos para resultar agradable.
-
Exemplo:
-
As cancións do noso grupo favorito están feitas cunha linguaxe moi creativa.

