Tipos de eventos

Os eventos deportivos

Ocultar

Existen diferentes tipos de eventos deportivos, como xa vistes anteriormente, estes caracterízanse pola súa duración.

Podedes diferenciar entre eventos de curta duración e eventos de longa duración.

A continuación, explícanse máis detalladamente.

Prestade atención porque despois tocaravos decidir o tipo de evento que ides organizar.

Lectura facilitada

Pechar (Lectura facilitada)

Existen diferentes tipos de eventos deportivos.

Caracterízanse pola súa duración.

Podedes diferenciar entre eventos de curta duración e de longa duración.

A continuación explícanse máis detalladamente.

Prestade atención porque despois tocaravos decidir o tipo de evento que ides organizar.

Audio

Pechar (Audio)

<https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/pluginfile.php/6609/mod_folder/content/0/AUD_EDF_5PRI_REA07_3.6.EVENTOS_SA7.wav?forcedownload=1>

Eventos de curta duración

Ocultar

Son aqueles que se caracterizan por levarse a cabo nun momento do día, que implican pouca esixencia física e cunha organización sinxela.

Agora mostrámosvos algúns exemplos:

Evento de lanzamentos en baloncesto

Neste evento as persoas participantes executan diferentes lanzamentos a canastra propios do baloncesto.

Particípase de xeito individual ou colectivo e o obxectivo é anotar canastras dende diferentes posicións dentro do campo.

Evento de puntería en datchball

Neste evento as persoas participantes executan distintos lanzamentos, nos que pode haber diferentes obxectivos:

- Derribar obxectos.

- Acertar, coa maior precisión posible, para alcanzar un punto fixo ou móbil.

Pódese participar de maneira individual ou colectiva.

Audio

Cerrar (Audio)

<https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/pluginfile.php/6609/mod_folder/content/0/AUD_EDF_5PRI_REA07_3.6.TIPOSDEEVENTOS_SA7.wav?forcedownload=1>

Fai clic para ver un exemplo

Fai clic para ver un exemplo

Cartel de un torneo de tiros libres


Evento de baloncesto organizado por un centro educativo nun só día, concretamente o venres 22 de marzo, no pavillón do colexio.

Para participar, o alumnado tivo que inscribirse nos recreos indicados pola organización do evento.

Trátase dunha modalidade de participación individual no que os xogadores e xogadoras deberán anotar o maior número de canastras posibles dende a posición de tiro libre.

Todos os xogadores e as xogadoras lanzarán o mesmo número de tiros libres e irán clasificándose para dúas fases paralelas, é dicir, as persoas  participantes que anoten máis canastras xogarán unha fase entre eles, e os xogadores ou xogadoras con menor número de acertos nos tiros libres, xogarán outra fase entre eles.

Con este formato, a organización ten por obxectivo que os participantes xoguen o maior tempo posible.

Audio

Cerrar (Audio)

<https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/pluginfile.php/6609/mod_folder/content/0/AUD_EDF_5PRI_REA07_3.6.EVENTOBALONCESTO_SA7.wav?forcedownload=1>

Eventos de longa duración

Ocultar

Son aqueles que se caracterizan pola súa extensión e continuidade ao longo do tempo. Implican, polo xeral, unha maior organización.

A continuación, mostrámosvos algúns exemplos:

Liga

Evento no que participan diferentes xogadores e xogadoras, individualmente ou por equipos, tendo a oportunidade de xogar uns/has con outros/as, a unha ou varias voltas.

As ligas están formadas por xornadas nas que a persoa participante ou o equipo xoga con outro en roldas non eliminatorias. Isto é algo moi positivo xa que nos garante a participación de todas as persoas inscritas no evento.

Torneo

Evento no que participan diferentes xogadores e xogadroas, individualmente ou por equipos, e no que a participación activa está condicionada pola organización do mesmo. É dicir, os torneos tenden a ter carácter eliminatorio.

Neste tipo de eventos, se se opta por unha organización con roldas eliminatorias, hai que ter en conta que os/as xogadores/as ou os equipos eliminados teñen menos participación e posibilidade de xogo, xa que os que máis xogan son as persoas participantes ou equipos que chegan ás últimas roldas.

Fai clic para ver algún exemplo

Fai clic para ver algún exemplo

Liga Datchball CEIPP A Magdalena de As Pontes

Cartel da liga de datchball do CEIPP A Magdalena de As Pontes

Esta liga de datchball xogouse nos meses de outubro a abril do curso 2018/19 no CEIP Plurilingüe A Magdalena de As Pontes.

Participaron un total de 6 equipos que se enfrontaron uns aos outros ao longo das distintas xornadas.

As arbitraxes eran rotatorias e sempre tendo en conta a premisa de que tiña que ser un membro dun dos equipos non participantes nesa xornada.

Os nomes dos equipos inscritos tiñan que ter unha palabra en galego que representara un valor.

Torneo de bádminton

Cartel dun torneo de bádminton

Este é un torneo de bádminton en modalidade individual.

As primeiras roldas decidíronse mediante un sorteo.

O evento ten carácter eliminatorio xa que só seguen xogando os xogadores que superan o seu enfrontamento. Os/as participantes eliminados/as non xogarían máis.