Glosario
Investigar
-
Definición:
-
Facer as pescudas necesarias para descubrir algo.
-
Exemplo:
-
Investigaredes as diferentes asociacións da localidade.
Localidade
-
Definición:
-
Núcleo de poboación, como unha vila, unha cidade etc.
-
Exemplo:
-
Vivo na localidade de Burela.
Comezaredes por organizarvos.
Agora que xa tedes os equipos formados, é o momento de descubrir as asociacións da vosa localidade ou próximas a ela que poderían necesitar a vosa axuda.