Saltar navegación

1.2. Presentación do reto

 

Glosario

Baloncesto

Pictograma baloncesto

Definición:

Deporte no que participan dous equipos, que consiste en xogar o balón coas mans para tratar de introducilo na canastra do equipo contrario.

Exemplo:

As persoas que xogan ao baloncesto adoitan ser moi altas.

Datchball

Pictograma lanzar a pelota

Definición:

Deporte alternativo, de cancha dividida, no que compiten dous equipos nun espazo claramente definido e dividido por unha corda ou liña central, cuxo obxectivo é eliminar aos xogadores e xogadoras do equipo contrario mediante o lanzamento e golpeo dos tres balóns de xogo.

Exemplo:

A mestra de Educación Física ensinouvos a xogar ao datchball.

Deporte

Pictograma deporte

Definición:

Conxunto de situacións motoras codificadas en forma de competición e cun carácter institucional (Parlebas).

Exemplo:

O baloncesto é o seu deporte favorito.

Evento deportivo

Pictograma xogos olímpicos para definir un evento deportivo

Definición:

Suceso importante e programado, de índole social, académica, artística ou deportiva.

Exemplo:

Os xogos olímpicos son un evento deportivo moi importante.

O voso reto

Nenos e nenas falando sobre o reto

Queredes que algunha das asociacións da vosa vila reciban a vosa axuda e consigades que teñan maior visibilidade?

Pois a prepararse, porque teredes que analizar as asociacións sen ánimo de lucro que hai no pobo e buscar a forma de ser solidarios con elas a través da organización dun evento deportivo solidario e non competitivo. Para iso, iniciarédesvos en dous deportes colectivos, un popular como é o baloncesto, e outro alternativo como é o datchball. Coñecer os seus aspectos técnicos e tácticos axudaravos a escoller o evento que queredes organizar e superar así o voso reto.

Que vos parece? Conseguirédelo?

Lectura facilitada

Queredes axudarlle a unha asociación da vosa vila?

Organizaredes un evento deportivo solidario.

Coñeceredes e practicaredes o baloncesto e o datchball.

Seredes capaces de...

Organizar un evento deportivo e solidario no voso centro para compartir experiencias lúdicas promovendo a actividade física non competitiva?

Atrevédesvos?

    Neno e nena xogando a baloncesto e a datchball

Lectura facilitada

Seredes capaces de organizar un evento deportivo solidario?

Atrevédesvos?

Feito con eXeLearning (Nova xanela)