
Nesta fase coñeceredes o que é unha asociacións sen ánimo de lucro e os diferentes tipos de asociacións que podedes atopar na vosa sociedade. Investigaredes sobre as máis próximas a vos e decidiredes con cal colaborar.
Á vez que todo isto, coñeceredes e practicaredes dous deportes colectivos ao longo das sesións de Educación Física: o baloncesto e o datchball.
Todo isto axudaravos a comezar a preparar o voso evento deportivo solidario. Descubride a Fase 3!