Saltar navegación

2.1. Ideas que xiran

 

Glosario

Deporte alternativo

Pictograma para comprender o concepto de deporte alternativo

Definición:

Todo aquel que se diferencia do tradicional, xa sexa polo uso dun material diferente cuxo fin inicial non era a utilización da actividade físico-deportiva, ou ben, se ese fose o seu fin, utilízase de forma diferente para a que foi deseñado orixinalmente (Babero 2000).

Exemplo:

O datchball é un deporte alternativo.

Deporte popular

Pictograma para comprender o concepto de deporte popular

Definición:

Conxunto de situacións motoras codificadas en forma de competición e cun carácter institucional, caracterizado polo gran número de persoas que o practica.

Exemplo:

O baloncesto é un dos deportes populares máis practicados.

Equipo

Pictograma equipo

Definición:

Conxunto de persoas que practican un mesmo deporte para xogar partidos ou campionatos.

Exemplo:

Un equipo de xogadoras de fútbol.

Folio xiratorio

Pictograma folio xiratorio

Definición:

Técnica de traballo cooperativo que consiste en pasar un folio ou calquera soporte de papel (caderno, cartolina…), e realizar unha achega, por quendas e de forma escrita, entre os membros dun equipo de traballo co contido que se lles indique.

Exemplo:

O alumnado de 5º fixo unha actividade de folio xiratorio para mostrar o que sabe sobre a saúde.

Grupo

Pictograma grupo

Definición:

Conxunto de persoas ou cousas que, polo xeral, están no mesmo lugar.

Exemplo:

Un grupo de persoas.

Inclusión

Pictograma inclusión

Definición:

Acción que posibilita a práctica deportiva equitativa e por igual.

Exemplo:

A asociación de autismo busca incluír a persoas con TEA.

Formación de equipos

O primeiro será facer grupos para traballar e debater de forma individual e colaborativa.

Lanza o dado e descobre o equipo do que formarás parte.

Lectura facilitada

Faredes grupos.

Lanzade o dado para saber a que equipo pertencedes.

Folio xiratorio

Recurso metodolóxico do folio xiratorio

Organizarédesvos nos mesmos grupos formados na sesión anterior.

Cada membro do grupo debedes escribir nun folio algún coñecemento ou idea que ten sobre dúas cuestións:

Que é unha asociación?

O folio irá pasando de forma rotatoria no sentido das agullas do reloxo ata que todos integrantes do grupo fagades a vosa achega.

Sabedes o que son os deportes populares e os alternativos?

O folio volverá a ir pasando de forma rotatoria no sentido das agullas do reloxo ata que todos integrantes do grupo fagades a vosa achega.

Que sabedes sobre o baloncesto e o datchball?

O folio pasará por terceira vez seguindo o proceso anterior.

Unha vez rematado, cada grupo expoñeredes as vosas ideas/achegas iniciais aos demais compañeiros e compañeiras.

O material de cada grupo quedará exposto nun taboleiro común ao longo de toda a situación de aprendizaxe, co obxectivo de comparar os coñecementos iniciais cos finais.

Non vos despistedes!

Tedes 5 minutos para responder a cada pregunta.

Lectura facilitada

Organizarédesvos nos mesmos grupos formados na sesión anterior.

Todos os membros do grupo responderedes individualmente a unhas preguntas.

As preguntas son estas:

  • Que é unha asociación?
  • Sabedes o que son os deportes populares e os alternativos?
  • Que sabedes sobre o baloncesto e o datchball?

O folio irá pasando de forma rotatoria por todos os membros do grupo.

Non podedes cambiar de pregunta ata que todas as persoas participantes respondan.

Expoñeredes as ideas do grupo aos demais compañeiros e compañeiras.

O material de cada grupo quedará exposto nun taboleiro.

Cronómetro

00:00
Minutos Segundos

Feito con eXeLearning (Nova xanela)