Saltar navegación

3.7. Diario de aprendizaxe

O voso diario

Diario de aprendizaxe

Chegou o momento de cubrir os apartados da Fase 3 do noso diario de aprendizaxe.

Nesta fase, centrástesvos en investigar e aprender máis sobre como organizar un evento deportivo solidario e todo o que implica ese proceso para conseguir o voso reto. Tamén xogastes ao baloncesto e ó datchball, practicando o bote, os diferentes tipos de pase e o tiro a canastra. No datchball, practicastes moito os diferentes lanzamentos. Pero non só iso, tamén as recepcións. Que divertido era salvar a un compañeiro/a facendo un "aire".

Non vos esquezades de que tamén coñecedes como atacar e defender en ambos deportes.

Anotade no diario as vosas reflexións e recordade... cubrir este diario axudaravos moito a saber como aprendedes.

Se non tedes o diario de aprendizaxe podedes ver o documento dende esta ligazón.

Lectura facilitada

Imos cubrir os apartados da Fase 3 do noso diario de aprendizaxe.

Nesta fase, centrástesvos en investigar e aprender máis sobre como organizar un evento deportivo solidario.

Tamén xogastes ao baloncesto e ó datchball e practicastes os xestos técnicos do dous deportes.

Non vos esquezades de que tamén coñecedes como atacar e defender en ambos deportes.

Anotade no diario as vosas reflexións.

Podedes ver o diario dende esta ligazón.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)