Glosario
Asociación
-
Definición:
-
Grupo de persoas unidas por unha relación máis ou menos formal para un fin determinado.
-
Exemplo:
-
A asociación deportiva da localidade organizou un evento na praza.
Doar
-
Definición:
-
Ceder de maneira gratuíta a posesión dalgún ben en favor dunha persoa ou institución.
-
Exemplo:
-
Doaron comida para animais á protectora da vila.
Noticia
-
Definición:
-
Información que se dá ou se ten sobre algo ou alguén.
-
Exemplo:
-
A noticia do xornal analiza a situación da nosa localidade.
Solidariedade
-
Definición:
-
Colaboración mutua entre persoas, sobre todo en casos de necesidade ou de situacións difíciles.
-
Exemplo:
-
Realizouse unha recollida solidaria de xoguetes polo Nadal.
Xornal
-
Definición:
-
Periódico que se publica todos os días.
-
Exemplo:
-
O xornal contén unha noticia sobre unha asociación da súa localidade.
