4.2. Simulación do evento

Ocultar

Glosario

Glosario

Acción

Pictograma acción

Definición:

O que alguén fai.

Exemplo:

É o momento de que os grupos se poñan en acción.

Espazo

Pictograma espazo

Definición:

Distancia que separa dous puntos ou dous obxectos (RAG).

Exemplo:

Cada xogo ten o seu espazo.

Icona

Pictograma icona

Definición:

Signo que representa unha idea ou obxecto cos que mantén unha relación de semellanza. (RAG)

Exemplo:

A icona da cariña representa o sorriso.

Plano

Pictograma plano

Definición:

Representación gráfica da estrutura dun edificio.

Exemplo:

Empregamos o plano do patio para organizar as estacións de xogo.

Rotar

Pictograma cambio de turno

Definición:

Cambiar de lugar cada certo tempo e coa orde establecida.

Exemplo:

Rotamos polas estacións de xogo, cada un na súa quenda.

Rúbrica

Pictograma lista

Definición:

Instrumento para avaliar o proceso de ensino-aprendizaxe.

Exemplo:

Empregamos unha rúbrica para avaliar a colaboración do alumnado.

Simulades!

Ocultar

Todo evento, xa sexa social, cultural ou deportivo, debe planificarse con previsión, minimizando os problemas que poidan xurdir cando se leva a cabo.

Imaxinade que vos atrevedes a levalo á práctica sen unha previa simulación. Que podería pasar?

Agora dánsevos algunhas recomendacións que debedes seguir en canto á organización do desenvolvemento do evento:

QUE DEBEREDES TER EN CONTA?
Espazos

Con que espazos contades?

Que características teñen?

Adáptanse ao voso deporte?

Seguridade

Que medidas de seguridade tomaredes para o evento?

Necesitades axuda externa?

Horarios

Cal será a franxa horaria do evento?

Que duración terán os partidos?

Haberá algunha pausa entre uns partidos e outros?

Participantes

Con que número de participantes/equipos contades?

Como será o formato do evento deportivo en función do número de participantes/equipos?

O número de participantes axústase ao espazo do que dispoñedes?

Roles da organización

Que roles teredes as persoas organizadoras?

Cales son as funcións específicas de cada rol?

Como se asignarán eses roles entre as persoas organizadoras?

Os roles serán rotativos?

Recollida de doazóns

Cando se recollerán as doazóns aportadas polos/as participantes?

En que lugar serán gardadas?

Como e cando entregaredes as doazóns á asociación?

Tendo claro isto, é o momento de simular o voso evento.

Así, para rematar esta sesión de Educación Física deberedes preparar o espazo e facer unha simulación real do voso evento deportivo solidario entre vós.

Lectura facilitada

Pechar (Lectura facilitada)

Todo evento debe planificarse con previsión para evitar problemas que poidan xurdir.

Imaxinade que facedes un evento sen planificación. Que podería pasar?

A continuación dámosvos algunhas recomendacións que debedes seguir en canto á organización do desenvolvemento dun evento:

QUE DEBEREDES TER EN CONTA?
Espazos

Con que espazos contades?

Que características teñen?

Adáptanse ao noso deporte?

Seguridade

Que medidas de seguridade tomaredes para o evento?

Necesitades axuda externa?

Horarios

Cal será a franxa horaria do evento?

Que duración terán os partidos?

Haberá algunha pausa entre uns partidos e outros?

Participantes

Con que número de participantes/equipos contades?

Como será o formato do evento deportivo en función do número de participantes/equipos?

O número de participantes axústase ao espazo do que dispoñedes?

Roles da organización

Que roles teredes os organizadores?

Cales son as funcións específicas de cada rol?

Como se asignarán esos roles entre os organizadores?

Os roles serán rotativos?

Recollida de doazóns

Cando se recollerán as doazóns aportadas polos participantes?