Obxectivos
1- Fomentar a práctica regular de xogos deportivos, tanto populares, como pode ser o baloncesto, e alternativos, como é o datchball, contribuíndo deste modo á promoción da saúde física, mental e social.
2- Iniciar a práctica de habilidades motrices específicas promovendo a toma de decisións tanto técnicas como tácticas durante o xogo.
3- Regular e xestionar as emocións durante a práctica deportiva de competición priorizando o desfrute por riba do resultado.
4- Desenvolver habilidades sociais a través do diálogo, do debate e o respecto ás opinións das demais persoas, co obxectivo de fomentar a igualdade e inclusión na práctica deportiva.
5- Valorar a práctica deportiva como oportunidade para fomentar a solidariedade, como axente unificador, entre comunidade educativa e contorna social.
6- Vencellar o emprego de ferramentas ou plataformas dixitais á práctica deportiva.
Audio
<https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/pluginfile.php/6609/mod_folder/content/0/AUD_EDF_5PRI_REA07_1.3OBXECTIVOS_SA7.wav?forcedownload=1>